tag:blogger.com,1999:blog-33531365.post4180980041899482006..comments2023-10-17T16:18:10.596+02:00Comments on Apuntes en sucio: La menor reincidenciaM.http://www.blogger.com/profile/07745354048030006773noreply@blogger.comBlogger2125tag:blogger.com,1999:blog-33531365.post-78396738487798806372007-11-13T10:49:00.000+01:002007-11-13T10:49:00.000+01:00Bueno, Manuel, por alusións:Eu creo que todo o que...Bueno, Manuel, por alusións:

Eu creo que todo o que dis é verdade, Lulú, pero tamén sei que vin mais cousas. E xente nalgún paseo marítimo mirando aos que limpaban as praias, coñeándoos.

O que dis é certo, pero tamén o é que hai sitios (sitios nos que gañou o PP, por suposto, ¿como non ía gañar?) nos que dixeron "¿Prestige, nunca mais? ¡Moitos mais!".

Respecto a Quintana e todo aquelo, estou de acordo: nin foron eles os que sacaron adiante a situación, nin creo que estean moito mellor preparados.

Unha aperta.Portarosahttps://www.blogger.com/profile/01347613527941722788noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-33531365.post-84098006756006327082007-11-09T17:34:00.000+01:002007-11-09T17:34:00.000+01:00"New York, New York, it's a wonderful town!". Ao t..."New York, New York, it's a wonderful town!". Ao teu amigo Patrick o que lle pasou é que viu demasiadas veces 'Un día en Nueva York' e quedou trantornado.

Portorosa, eu non vin nada parecido ao que conta Miranda. Vin á xente moi asustada os primeiros días. Moi moi asustada. E despois cabreada. Vin aos fotógrafos dos medios locais traer imaxes de mariñeiros destos de chalupa que saian ao mar e apañaban fuel mesmo coas mans. E lembro á xente de Aguiño (Aguiño era, non?) recibir dun xeito moi agresivo a Torres Colomer cando lles ía prometer subvencións e tal. Lembro tamén ás pescantinas e outras mulleres da zona na nave das redeiras de Portonovo facendo a comida para os mariñeiros e os voluntarios que limpaban as praias. E tamén as chamadas de amigos e familiares preguntando onde se apuntaban para vir a limpar. Esa é a miña experiencia directa dende Pontevedra. Eu, aos únicos que vin rir do asunto, foi a algúns políticos. En realidade, a moitos. E siguen rindo. Tamén me desagradou a actitude de certos intelectuais de por aquí: "Ju,ju,ju, que guai. Esta é a nosa". Igual que me desagradou profundamente velos o ano pasado falando de "conspiracións" cando o dos incendios. Daquela, como no caso do Prestige, eu creo que a xente volveu dar a cara (e a talla). Recordo volver unha noite pola carretera de Ourense cara Pontevedra, a 20 por hora, todo en chamas, algunhas dunha altura da hostia, e os veciños con ramas e cousas parecidas dándolle ao lume para que non chegara ás casas. Ducias de veciños. Nin unha brigada, nin bombeiros, nin nada.

Por iso me produce certo noxo esa apropiación do fenómeno dos voluntarios por parte de Quintana. Seica se hoxe se partise en dous outro petroleiro na costa galega ía el cos seus superpoderes a parar a marea negra. Seica non se limitaría a mandar o barco mar adentro e despois repasar as vilas da costa prometendo subvencións. Seica non. Seica estamos moito máis preparados para afrontar outro Prestige, di o bipartito (La Voz de Galicia, 9-XI-07). Pois non saben o que me alegro.Anonymousnoreply@blogger.com