Me he trasladado! Redireccionando...

Deberías ser trasladado en unos segundos. De no ser así, visita http://www.manueljabois.com y actualiza tus enlaces, gracias.

viernes, abril 3

Miss

A frivolidade hai que saber entendela desde unha posición afastada de miramentos ideolóxicos e cunha certa deixadez, coma quen che rouba algo que non queres. Os anos fixeron a un frívolo á maneira desa vella mala a quen non lle importa rir a morte do neto parvo: alguén antirretórico máis de chiscadelas que de verdades, e non hai comentario que desbote por unha razón tan literaria como a da banalidade. Así a Miss Universo que saíu dunha visita guiada por Guantánamo dicindo, como a nena superflipada que baixa da noria: “Visitamos os campos dos detidos, vimos os cárceres, onde se bañan… Vimos os cans militares facendo unha demostración moi linda e foi unha viaxe memorable e moi divertida”. Esa personaxe a min interésame non por unha cuestión menor. Hai frivolidades ben caras e esta non o é: é a beleza falando por boca da inocencia, tan sensible á hora do amencer. Como Mariah Carey ao dicir que cando ve os nenos famentos lle dan ganas de chorar: “Quero dicir, encantaríame ser así de fraquiña, pero non con esas moscas e morte e iso”. O atrevemento, por selo, é unha forma moi delicada de verdade. Díxoo Gide e repetiullo Plà: “O máis profundo do home é a súa superficie”.

4 comentarios:

Alejandro Macías dijo...

Non se debe confundir a inocencia coa ignorancia, a superficialidade e a frivolidade... Esas rapazas das que falan son tontas del haba e ademáis están nunha posición privilexiada na que se non se poden permitir certos comentarios.
Moito se critica o sistema de estudios do Hollywood dourado pero a lo menos educábaselles para ser correctos en todos os eventos e saraos... non estaría mal que fixeran o mesmo coas estrelas de hoxe.
Alejandro

Anónimo dijo...

"Non se debe confundir a inocencia coa ignorancia", totalmente de acordo, iso é , son ignorantes e a sociedade rilles as gracias e perdónalles a súa ignorancia porque son guapas. Non me esperaba de ti esta xenerosidade, Manuel.

Snob dijo...

Ahem...
http://www.snopes.com/quotes/carey.asp

Anónimo dijo...

Siento poner esto aquí, que no pinta nada, pero así queda constancia de cosas que ocurren en el diario que por cierto, en mi casa, se compra desde el neolítico: Sr. Moderador=Sr manipulador. Me ha borrado mi comentario al respecto de la noticia de J.Moreira con Ence. Dije que la edición impresa no tenía nada que ver con la del diario digital. Mi libertad de expresión y sin ningún tipo de insulto, no me la coarta ni Dios. Es manipulador porque me han dejado pegado el comentario donde no corresponde y han borrado la noticia y me han aparecido comentarios como "estoy de acuerdo" como discutibles. Luego......Jaque mate.
P.d. Siento entorpecer los comentarios de otras noticias con esta denuncia (aunque el torpe y quien se pone en evidencia es Ud) ... pero pienso ponerla tantas veces como sea borrada. Y van 6...