Me he trasladado! Redireccionando...

Deberías ser trasladado en unos segundos. De no ser así, visita http://www.manueljabois.com y actualiza tus enlaces, gracias.

domingo, enero 21

Ou río, ou choro

Unha das preocupacións máis extravagantes que teño ultimamente é a do Estatuto galego e as reflexións que provoca en prensa. Son pensamentos de profundidade que apelan ao sentido histórico e a unhas emocións moi primarias que espertan unha paixón pouco serena. Mais para min (e de aí o meu rubor) o Estatuto non resiste unha reflexión seria. Non a resiste non polo que representa, senón polo que esixe: unha definición. O problema do Estatuto non é de competencias, senón de algo que xa formulou Siniestro sen tanto choro: quiénes somos / de dónde venimos / a dónde vamos. Discutir sobre isto ten un fondo ridículo, pero se ademais a discusión é entre xente de garabata, hai que observalo todo moi atentamente. Ademáis, Cataluña e Andalucía xa pasaron polo trance: tócanos a nós, e non con maior fortuna, pero cunha trascendencia semellante. Xa o dixo Manoel Soto: Galicia “está de loito” trala reunión sen resultados entre Feijoo, Quintana e Touriño. Un loito discretiño, pero xa se sabe que as procesións van por dentro. No crack do 29 colgábase a xente nas farolas, pero aquí somos máis civilizados e respectamos aos bens públicos. Outra cousa ben distinta é saber quen ten a culpa: os votantes danlle moito valor a iso. Antes era máis sinxelo: eu mesmo saín á rúa a cantar aquelo de “a culpa de quen é / dos que votan ao Pepé”. E mesmo penso que seguirán tendo a culpa eles, pero isto xa o digo por foder. O que pasa é que agora tamén creo que ese Estatuto-Ikea, tipo la república independiente de tu casa, faime rir. E tamén faime rir a pretensión de non ser menos que Cataluña, como se iso o arranxase unha palabra moi concreta escrita nun papel. Qué queren: eu son do Real Madrid. Ou río, ou choro.

5 comentarios:

Lulú dijo...

Señoras e señores, con todos vostedes, o señor presidente da Real Academia Galega, un home que despreza internet pero, segundo parece, gusta bastante de 'Dragones y mazmorras':

"En una entrevista con EFE, Barreiro dijo que Galicia "tiene unas marcas muy definidas" y que la lengua "no es la única marca pero sí la más importante, la más visible, es la frontera simbólica, porque nos permite saber los que están dentro de la fortaleza y los que están fuera"".

Xuro por Deus que no teletipo de Juan Rodil se emprega esa palabra: "fortaleza". Deus bendito. E segue:

"Pero al margen de la lengua propia, el presidente de la RAG explicó que Galicia posee otras connotaciones, "un folclore propio, unos usos y costumbres, una forma de entender la vida, una forma de entender la muerte, pero sobre todo creo que hoy se está imponiendo una clara conciencia de que nosotros, los gallegos, somos culturalmente un poco distintos a los otros"".

Anónimo dijo...

Creo que a mucha gente le ha venido muy bien eso de la cultura de curruncho, porque así nadie les toca. Hay cierto sectarismo dentro da "galeguidade" que echa patras. En el caso de Barreiro hay que reconocerle su mérito y amplia trayectoria como historiador, es una pena que no tenga una mente más abierta. Pero habría que preguntarse cuanta gente que no publicaría en su vida vio editadas sus obras por el mero hecho de hacerlas en gallego, aunque luego fueran un coñazo y no las leyera nadie. La verdad, creo que si el idioma se pierde, que se pierda, a mi lo que me interesa es acceder a una vivienda y unas condiciones de vida dignas para las personas, el gallego que se lo metan por ...

Portorosa dijo...

Moi atinado.

Voltarei, coa venia.

meri dijo...

É unha verdadeira mágoa que despreces así o galego, anónimo, porque é unha lingua realmente fermosa e rica. Supoño que falas así por descoñecemento. Ademais dun dereito, coido que é unha necesidade urxente que a xente nova acceda a unha vivenda digna, pero tamén o é que acceda á Cultura, con maiúsculas.

Anónimo dijo...

dios mio!!
realmente che pagon por isto??