Me he trasladado! Redireccionando...

Deberías ser trasladado en unos segundos. De no ser así, visita http://www.manueljabois.com y actualiza tus enlaces, gracias.

jueves, enero 18

Epistolario

Houbo uns meses aí atrás nos que O Chioleiro, un preso pontevedrés condenado recentemente por matar a unha veciña de A Lama, escribía cartas ao Diario de Pontevedra lanzando frustracións, dores e rabias. Cando herdei a miña mesa de traballo atopei no caixón cartas vellas dun preso que reclamaba morrer "legalmente" cunha "condición": que a súa familia vivise dignamente (o seu favor non foi concedido: igual eran moi esixentes as condicións). E o martes foi outro preso, o vigués que apuñalou á súa muller e ao seu fillo en Noiteboa, o que remitía ao mesmo xornal pontevedrés un escrito. Tiven a ocasión de ollalo moi coidadosamente. É unha ortografía moi pulcra que non utiliza minúsculas. Ten un arranque fantástico: "Quiero expresar mi más profundo arrepentimiento por los hechos acaecidos en tal significativa fecha y en la cual, producto de mi afición al alcohol, he lastimado a las personas que más quiero". Cun plantexamento similar, pero cunha prosa menor, empezou a escribir Ernesto Sábato El túnel. Máis tarde souben que o vigués era un arxentino nacionalizado: o autor e a historia ían collendo forma. O resto da carta retrata a súa adicción ao alcol e limítase a pedir perdón, que non clemencia. "Sólo saber que me ha perdonado hace que cualquier castigo que se me imponga sea más llevadero", di. Un dos grandes defectos dos escritores é crer que no cuarto dun hotel escríbese mellor só polo feito de que o fixera antes Capote. Pero deberían ollar máis alá dos muros da legalidade sui géneris que levou a varios destes a prisión. Cèline (filofascista), Hernández (antifascista) e Wilde (¡sodomita!) fixeron grazas aos seus deshonrosos delitos unhas cantas obras de arte que probablemente preferirían non facer, pero que os cidadáns libres agradecemos. Quizáis estemos no camiño e deste novo boom de maltratadores saian dous ous tres autores aos que ter en conta: realismo penal, ou algo semellante.

3 comentarios:

Mabalot dijo...

Menudo sopapo elegante le has soltado al Sábato; "Cun plantexamento similar, pero cunha prosa menor, empezou a escribir Ernesto Sábato El túnel". Eres la monda lironda, y seguro que tienes más razón que un santo.
Porque el inicio de la carta es digno de esa literatura de los sesenta en la que "todos" escribían informes policiales infumables como novelas, con esa prosa pseudolegal que echa para atrás.
Puede ser el principio de una novela de Benet, o también el Pascualillo...
Un saludo.

conde-duque dijo...

A mí "El túnel" es un libro que nunca he podido leer a gusto por la maldita portada (cursilísima). Creo que de Seix Barral (que son expertos en hacer horribles portadas). Tendré que buscar otra edición, aunque ni siquiera me servirá, porque cometí el error de ver la peli (la recuerdo muy cutre).
Moraleja: hay libros que se nos fastidian para siempre de la manera más absurda.

Anónimo dijo...

O teito é de pedra.
De pedra son os muros
i as tebras.
De pedra o chan
i as reixas.
As portas,
as cadeas,
o aire,
as fenestras,
as olladas,
son de pedra.
Os corazós dos homes
que ao lonxe espreitan,
feitos están
tamén
de pedra.
I eu, morrendo
nesta longa noite
de pedra.

Celso Emilio Ferreiro.

Foron moitos os literatos encarcelados, pero as suas letras transpasaron fronteiras.

O madrileño.