Amigo Pintor, na homenaxe da AELG: novelas, artigos, o tempo recobrado. Tamén soñaba Primo Castro.
Correspondencia:
"Foto enriba do Pedregal de Irimia, onde seica nace de días, acaso horas, o Miño. E dentro están os artigos publicados de aprendiz, da escolla que fixeron nos últimos dez anos. Os máis antigos, escaneados, coa roupa da vellice dos anos oitenta e noventa de metade, coas tantas grallas, aínda non os penduraron: eran sesenta, dos case mil que este xabarín de furias contra a noite ceibaba cada semaniña enteira aquí, aló e acolaló. Se o tempo é xeneroso ollade algún, o que vos cadre ao chou, de fronte ou de perfil, abonda".
E as apertas (eternas) de buxo.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario