Me he trasladado! Redireccionando...

Deberías ser trasladado en unos segundos. De no ser así, visita http://www.manueljabois.com y actualiza tus enlaces, gracias.

jueves, enero 25

Fortaleza

A língua é unha das marcas diferenciadoras que posúen os galegos. Son palabras de Xosé Ramón Barreiro, presidente da Real Academia Galega: “Non é a única pero si a máis importante, a máis visible: é a fronteira simbólica, porque nos permiten saber os que están dentro da fortaleza e os que están fóra”. Pero B., coa información, dáme un apunte interesante: “A mí me parece un asunto de Dragones y Mazmorras”. A estas alturas é importante saber os que están dentro da fortaleza. Suponse que estou dentro, pero hoxe mesmo sae un artigo meu en castelán noutro xornal: ¿estou dentro, estou fóra, o “a los tibios Dios los arroja por su boca”? A mágoa é que as declaracións de Barreiro chegaron aos xornais o luns, e foron sepultadas inmediatamente polo fútbol, que non entende de fronteiras simbólicas. E a marca diferenciadora morreu nada máis saír da gravadora: Efe, que é unha axencia estatal, traducíu as declaracións de Barreiro. Sacounas, por dicilo doutro modo, da fortaleza, e deixounas á intemperie na meseta. Foi unha mágoa, digo, porque na entrevista Barreiro tamén recitaba as connotacións de Galicia: “un folclore propio, uns usos e costumes, unha forma de entender a vida, unha forma de entender a morte, pero sobre todo creo que hoxe estase impoñendo unha clara conciencia de que nós, os galegos, somos culturamente un pouco distintos dos outros”. Hai uns anos oín falar dun dos máis exclusivos feitos diferenciais galegos: aproveitar vellos somieres como cancelas e bañeiras para darlle de beber as vacas. Pero hai uns meses a TVG emitíu unha serie australiana na que non se imaxinan vostedes qué facían os campesiños de alá cos somieres e as bañeiras. Culturalmente non sei se somos diferentes, pero non estamos sós. E a nosa forma de entender a morte debe ter algo que ver cos movementos finais de esqueleto que lle brinda Vicepresidencia aos nosos vellos cos bailes e as papadelas: esa “costume galega de séculos”, segundo a Xunta, da que presumimos a este lado da fronteira, na fortaleza.

7 comentarios:

Anónimo dijo...

Eu coido que os galegos, temos sinxelamente unha forma de ser distinta, "Chamalle X", pero polo que a min me toca... non estamos mergullados nunha fortaleza, esa cultura que levamos dos nosos devanceiros, e dende pequenos se nos inculcou, coido que os galegos expandimos alo por onde andemos e non somos personas (por tradición) de estar tras dos muros das fronteiras. Expandimos todalas nosas costumes (música, baile, xantar...) alo onde vaiamos. Claro esta non hai dios que nos baixe do carro... ("es que estas hablando con un gallego, este no sabe si sube o si baja").
Coido que o galego adaptase ala onde vaia fora da fortaleza, pero eso si... QUE NON FALTE O LICOR CAFÉ.

O Madrileño.

Anónimo dijo...

Eu coido que tamén somos un pelín distintos, para ben ou para mal... Sobre todo para laiarnos. Somos especialistas niso. Poucos saben facelo como nós. E temos uns mestres excelentes.
Pero como B. mostrouse tan involucrada e sensible con este tema o outro día, pensei: "mellor non opinar, quero chegar hoxe á cama con tódolos membros do meu corpo". Tiña medo de sufrir mutilacións.
Saúdos.
Saudos tamén a B.

L.P.

Lulú dijo...

Je, je. Opina sen medo L.P., que, contra o que poida parecer, nin estou tan involucrada nin son tan sensible e, por supostísimo, nunca na vida mutilei a ninguén. Todo isto é por pura diversión. Reflexión tamén, si, pero, sobre todo, diversión: polémica e debate sempre de 'buen rollito'. As declaracións de Barreiro doéronme especialmente polo moito que significou a súa opinión hai tempo para min. Esas barbaridades excluíntes, ese crecente poder nacionalista que lles permite soltalas así, á brava, sen consecuencias... dáme moito medo. Eu sonche diso que sería o pensamento de esquerdas tradicional: o mundo divídese entre ricos e pobres. Punto. Non entre galegos e non galegos. Iso son gaitas. Viches 'Martín (Hache)'? "El que se siente patriota, el que piensa que pertenece a un país es un tarado mental. La patria es un invento". Penso igual. Opio para o pobo.
Moitos bicos.

Anónimo dijo...

Que me lo digan a mí por las tierras de la mortadella. Como se botan de menos o peixe, o marisco, a praia, as festas, as reunións, a partida ó tute, os chistes de Canducho, o " e ti de quen ves sendo", tamén o licor café.
Somos totalmente distintos. E sí. "Sono galiziano, ma anche spagnolo, cazzo!"

M dijo...

Fin, te lanzo un reto: a ver si eres capaz de escribir un solo comentario, en éste u otro blog, en el que no hagas referencia a que estás en Italia. Uno solo. Si lo consigues, si después de diez o doce intentos (llevas ya unos cuantos) logras finalmente no recordarnos que estás en la tierra de los panini, de la pasta y de la mozzarella, como si fueses el único español presente en la luna, entonces al llegar a Pontevedra te invito a un lacón con grelos y a una jarra de barrantes. Todo esto dicho con un cariño inagotable, no me entiendas mal. Que en el fondo me hace gracia.

Y sí, claro que somos diferentes. Tanto como cualquier otro pueblo con una lengua y una tradición cultural propia: llámese nación o llámese lo que se quiera. Es decir: somos diferentes a los demás, y los demás son diferentes a nosotros, y los demás también son diferentes entre los demás. Todo eso se llama cultura, y por eso tan bonito viajar y conocer gente: porque no hay dos pueblos (naciones, países, territorios...) iguales.

No hay nada malo en sentirnos diferentes. Lo absurdo es sentirnos especiales.

pedro dijo...

¿Que si somos distintos? Claro que somos distintos. Y claro que somos parecidos. Pero de eso nadie habla.
Y, sin embargo, creo que el subrayar las diferencias con nuestros semejantes, y no lo que nos une, es un auténtico peligro. El que tiene memoria y lee la prensa, sabe en qué desemboca eso.
Lo que pasa, en mi opinión, es que a mucha gente le interesa "ser diferentes", porque viven de eso. O porque les hace sentir más importantes. Por lo que sea. Decir esto es profundamente incorrecto políticamente. Pero ya tengo años y -y cabreo- para pasar de eso.
Y coincido con Lulú: si hay que buscar diferencias, hablemos de las importantes: por ejemplo, los ricos y los pobres. Saludos.

M dijo...

Querido Pedro, te debo una respuesta en una columna anterior. Agradezco tus palabras. Te contestaré esta misma noche. Valoro tu (¡civilizada!) crítica. Un saludo.