Me he trasladado! Redireccionando...

Deberías ser trasladado en unos segundos. De no ser así, visita http://www.manueljabois.com y actualiza tus enlaces, gracias.

viernes, marzo 23

Borrachos

O amor como venda: só o 20% dos pais saben que os seus fillos beben copas (e arredor do 90% dos fillos saben que os pais non son os Reis). Un pai non é un pai: é un policía. Pero un policía namorado é peor que un delincuente, aínda que os hai orixinais. A un amigo no instituto o esperaban os pais ás doce da noite para facerlle unha serie de probas: primeiro pedíanlle o alento, logo mirábanlle as pupilas e finalmente tiña que cruzar un corredor cheo de obstáculos. Isto é absolutamente verídico: o rapaz puñase tan nervoso que esmedrábase contra a primeira cadeira, bebera ou non. Conmigo eran máis sutís (os meus, non os do meu amigo): esixíanme que me asomara ao cuarto a saludar, e nesa leve aparición, inclinando o corpo para adiante con sorriso de parvo, derrubábame sobre a alfombra. Neses casos hai pais que prefiren pensar que o seu fillo é un papán antes que un borracho. Logo está o amor de nai: xa dixo Sartre, daquela maneira, que o inferno son os outros. "¿Viches ao meu fillo coa agulla? Estaríalle aguantándoa a algún amigo". Iso de que son os pais os que deben educar aos fillos: en fin. Os pais están contaminados de amor. Valen ata os quince anos: logo hai pais que pechan moito os ollos e outros que os abren de máis. Pero cando os fillos crecen non hai segredos: hai que manterse a distancia, no centro da praza e co estoque listo, a ver qué sae polo burladoiro.

No hay comentarios: