Me he trasladado! Redireccionando...

Deberías ser trasladado en unos segundos. De no ser así, visita http://www.manueljabois.com y actualiza tus enlaces, gracias.

sábado, marzo 31

Ence é boa vila

Vía Bragado chego a David Rodríguez, autor dun caderno empolvado dende hai dous anos (sempre me intimidaron eses diarios conxelados no tempo polos que a xente pasa como por diante dunha lápida, e ás veces deixa algunhas flores a modo de comentario: palabras a ningures, unha formidable expresión de amor ou nostalxia). Rodríguez vén sendo noticia por gañar o premio de teatro radiofónico da Galega: pero non vou aí. Vou a unha anotación súa de marzo de 2005 titulada para un concurso de lemas turísticos: “Ence é boa vila”. Para os pontevedreses (os sensatos e de ben, por poñernos á altura do noso ilustre veciño) Ence é algo así como o anticristo. Naquel entón, nos estertores do donmanuelismo, Rodríguez escribía a propósito da alianza política, económica e sindical: “Como aquel banqueiro que fuxía cos cartos da caixa forte na dilixencia de John Ford e que rosmaba indignado perlas do tipo 'o Estado tería que pasar desapercibido', 'agora ata queren inspeccionar os meus libros de contas' e a lapidaria e cínica 'América para os americanos', estes amigos da celulosa tamén rosman contra toda institución que se empeñe en non baixar a testa. Fan berrar aos seus monicreques: 'Pontevedra para os pontevedreses', pero o que realmente están a dicir é 'Pontevedra para nós'”. Superadas as ganas de plaxialo, deixo aquí o parágrafo, limpo. Dous anos despois, ata o mesmo PP xa promete a súa saída da ría. ¿2018? Si home si.

No hay comentarios: