Un agricultor chino rodou durante dez minutos pelexando cun can que atacaba á súa mascota: acabou con el dunha chachada no pescozo, e liscou ao hospital curar as feridas. Foi unha loita a morte, limpa e dura: e longa, coma unha matanza. Cando acabei de ler a nova tomei un respiro e sorrín. Estas son as noticias que lle fan crer a un no xornalismo, e mesmo na Humanidade: esta conxunción natural de primitivismo e progreso, ben entendido como tal. A evolución, entre algunhas cousas boas e outras malas, púxonos cubertos nas mesas, pistolas nas mans e escrúpulos na cama.Pero o pracer moitas veces atópase por animal, non por pracer. Ese agricultor encarna a virtude exacta dunha civilización camiño de perderse: poñerse á altura do opoñente, e utilizar as súas armas en defensa propia. Alguén con menos sensibilidade cargaría de cartuchos a escopeta. Son os mesmos que prefiren baterse coa nimiedade de Adriá seleccionando os cubertos que coa carne asada da Feira Franca enchendo as mans de graxa os que prefiren foder cunha canción que foder a monte. Miren vostedes, cando foi o concurso ese da túa palabra favorita eu apunteime a ‘perro’. É unha verba que desfalece ao traducirse ao galego, pero mantén a esencia. É suxa, forte: é unha palabra ‘perra’. Agora hai unha modelo por aí que se fai chamar así: ‘la perra’. Xa lles gustaría a moitos pelexar con ela dez minutos a bocados.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario