Me he trasladado! Redireccionando...

Deberías ser trasladado en unos segundos. De no ser así, visita http://www.manueljabois.com y actualiza tus enlaces, gracias.

jueves, junio 26

Aldeas

A noticia é que unha responsable de Navantia en Madrid lle respondeu ao escrito dun traballador ferrolán: “No sé si lo escribe su hijo de dos años o si es algún dialecto del que hablan ustedes en la aldea”. As relacións das linguas periféricas coa capital é estraña: sempre hai bois soltos. Co cambio de goberno na Xunta externalizouse un servizo polo cal os gandeiros avisaban nunha centraliña dos animais morto, e dende esa centraliña púñanse en contacto co servizo de recollida. A xente atopábase con que lle falaban en castelán, e non entendían o galego: a centraliña estaba en Madrid. Nin eles entendían o idioma nin os outros sabían falar outro: paradoxos do BNG. Esta responsable de Navantia prefire o repaso: un “habláme el idioma del imperio” versión século XXI. Está ben: é outra maneira de velo. Teño diante de min unha entrevista en El Cultural no que unha escritora galega di que pode haber no futuro xeracións monolingües pechadas ao inmenso mercado que ofrece o castelán. O curioso é que a min o mercado ábreseme mellor se escribo en galego, que non é o meu primer idioma: outro paradoxo. Se para evitar o exterminio do castelán hai que facer referencia a aldea (dende a cidade sempre se mirou con displicencia iso da aldea: lémbralles aos galos) se fai: a cousa é que a ese traballador de Navantia non lle falte pan na mesa.

5 comentarios:

Anónimo dijo...

Podrías facilitar algún dato más de esta "calumniosa" carta o si salió publicada en algún sitio. Gracias.

Riforfo Rex dijo...

Siempre me sorprendió la airada reacción de la gente (las del imperio) cuando les hablan en catalán o en gallego los de "las aldeas". Es en verdad un "enfado imperialista" con lo fácil que es decir "disculpe mi ignorancia, es que no le entiendo". Si la conversación es necesaria y equilibrada siempre tendrá que llegarse a un acuerdo.
Aunque me fallan muchos términos me gusta leer tus columnas en gallego, sueño con que algún día ya no recuerde si estaba escrito en gallego o en castellano (Eso me pasa con el inglés sin tampoco conocer demasiado bien este idioma, pero a fuerza de leerlo por necesidad)
Creo que las lenguas de españa deberían estar más presentes en los medios para que la gente se habituase a leerlas y no les sorprendiera "como una ofensa" cuando se las tropiezan.
Un periódico nacional escrito en todas las lenguas de la nación ¡qué gran imperio!

yaya dijo...

Qué bonito el comentario de riforfo y qué sana la gente así.

M. dijo...

Das en el clavo en una cosa (bueno, en todas, pero especialmente en una) Riforfo: "Disculpe mi ignorancia, es que no le entiendo". Aquí todo el mundo te la chupa si hablas en inglés, en francés y en alemán, pero a alguna gente si le hablas en catalán o en gallego parece que le estás escupiendo. Cada vez quedan menos de ésos, pero siguen siendo muchísimos. Un abrazo.

breogain dijo...

Por desgraza éste non deixa de ser un ataque máis de tantos que ten recibido xa o noso idioma, e para a nosa desgraza como digo, non será o derradeiro, haberá máis porque semella que emprega-la língua propia non está ben visto polos demais, desta volta foi por falar con alguén alleo á nosa terra, pero ten acontecido aqui mesmo con entrevistas de traballo ou mesmo con xente desempeñando o seu labor diario que foi reprendida por emprega-la súa língua cotiá, e o peor, por falar cun cliente que tamén lle falaba en galego, paradoxas da vida... A actitude desa persoa de Navantia Madrid non deixa de ser lamentable e denota unha mala educación certamente preocupante, eu polo meu traballo teño falado en infinidade de ocasións con xente de fóra de Galiza, e concretamente en casos de empresas radicadas en Catalunya ou Euskadi tenme acontecido que, como o considero normal, me atendian no seu idioma propio, pero ao lle dicir que chamada dunha empresa galega cambiaban amablemente o idioma, sen problema, pode ser solidariedade tal vez? non o sei, pero educaciòn alomenos si, do que evidentemente esa responsable da "capital do reino" carecia, ademais aludindo a cuestión etnográficas e deixando ao interlocutor á altura dunha besta ou dun analfabeto....certamente lamentable.

Un saúdo