Me he trasladado! Redireccionando...

Deberías ser trasladado en unos segundos. De no ser así, visita http://www.manueljabois.com y actualiza tus enlaces, gracias.

jueves, junio 19

Literatura

Volven os touros: o Manolete de quenda, os afeccionados, a intelectualidade herdeira de Picasso e Lorca, a sedución internacional (reportaxe do New York Times para os novos Hemingways que queiran achegarse á suor da “loita do home contra a natureza”) e os escritores dos xornais, facendo cada crónica como se fose a última, nun exercicio épico (escribindo, en fin, para as hemerotecas, para o difunto Joaquín Vidal). Non é unha impresión: na páxina de inicio que teño en internet aparecen cada mañá as portadas nacionais e xa van dous días que en todas xorde un home bañado en sangue xunto a un animal, antes ou despois de meterlle a espada ata a empuñadura, coa mirada ida e apertando paseniño os dentes, nunha escea brutal, case pornógrafica, ao alcance dos nenos. É prensa seria: incluso a prensa seria que rexeita informar de boxeo, no que se fai sangue entre iguais. A boa nova trae outra aínda mellor non por agardada: a xente quere saber de touros, e moitos xa saben máis que os expertos. Falan de espadas, orellas e rabo, verónica e media. Aclámasen un matador porque, dise, métese no terreo no que antes só estivera El Cordobés: arrimado ao touro, preto del, e sobre el constrúese unha especie de mitoloxía: calado, ausente (“me gusta cuando callas”), místico, republicano e tráxico. O que fai a literatura, que non o desfaga o home.

7 comentarios:

Reina de Palandria dijo...

Eu defínome como a máxima detractora do espectáculo taurino, pois non vexo nada de espectáculo na tortura dun animal ata causarlle a morte. E algo que me inquieta desta cidade dende que cheguei, o clamor popular que desperta esta festa entre os pontevedreses.
o ano pasado - porque creo que para criticar algo hai que coñecelo de primeira man- tomei a decisión de ir aos touros. E o que alí vin deixoume conmovida, enfadada e atónita durante semanas. O animal sae morto , dende o primeiro minuto está condenado, en inferioridade de condicións. Cando sae o picador , nos dous primeiros minutos, o touro queda ferido gravemente, desangrado, e a súa mirada muda, perde a vida por momentos, e tamén a súa capacidade para loitar, réndese. Despois -o espectáculo en si- é todo un fraude, porque o touro xa non pode máis que tentar manterse en pé.
O momento no que lle van a dar a estocada final é tamén sumamente tráxico, porque rara vez o toureiro da un golpe certeiro. O animal sufre, moitísimo.

Vin a corrida enteira. Con pavor, con rabia. Chorei como nunca chorara na miña vida, na praza de touros de Pontevedra. E tan só desexaba que cada un deses seis animais condeados tivesen por uns segundos a forza suficiente para rebelarse. Non me habría importado que sucedera, unha collida de pronto. A miña manía de poñerme sempre do lado dos débiles.

bicos

E. dijo...

Creo que no todo hay que conocer de primera mano para hacer crítica ¿o necesita ser atracada, agredida, maltratada o violada para criticarlo? Empatía. Con eso basta.

Algunos pontevedreses disfrutamos de "peñas" porque es la fiesta de nuestro pueblo pero no vamos a la plaza. Nos pasamos esas tardes esperando a nuestros amigos muy lejos de la plaza donde tanto lloró usted.

Ni por poder criticar con más razón daría un duro a esa supuesta fiesta ni engrosaría la cifra de los que llenan la plaza.

Un saludo.
E.

J. A. Montano dijo...

Você é melodramática demais, Rainha! Chorou como nunca chorara na sua vida? Vida boa a sua, menina! Vida boa! :-)

yaya dijo...

Pues yo en todo este amor por José Tomás (que por cierto, sin sangre está buenísimo) veo cierta conspiración judeo-masónica de esas. Todo el mundo adora al torero que no le brindó el toro al Rey. ¿En qué país vivimos? Yo no digo nada, que luego todo se sabe.

Por cierto reina, me has puesto los pelos como escarpias. ¡NO a los toreros! (ni aunque sean republicanos)

La próxima vez ahórrate el trago, mujeriña...

Sir John More dijo...

Pertenecemos a una sociedad que admite en general la fiesta, y yo en concreto a una familia en la que raro es el miembro que la desprecia. Me he criado en un ambiente donde una buena corrida no tenía nada que ver con el sexo, y sólo puedo decir que todo esto es repugnante, da náuseas, y habría que apelar mucho a los dioses y a la historia para convertir esta simpleza en un espectáculo mitológico. Vergüenza les debería dar a algunos maestros que tanto nos enseñaron de andar ahora alimentando su hedonismo con semejante tontería sádica y boba. Un abrazo.

Anónimo dijo...

Toro y torero, dos antagonistas.
El torero ante la fiera salvaje, ejecutando una danza ancestral en la que uno de los dos, dejará su vida.
El animal con su fuerza indómita, el hombre con su valor y su inteligencia pero todo esto englobado en una coreografía trágica.

Anónimo dijo...

Pois eu, parafraseando ao defunto Pepe Cuíña - quenpadescanse - só podo dicir que, sendo de onde son, o de andar a cuchilladas coas vacas...

Para coreografía bestial, véxase a rapa das bestas, que alí os animais trátanse de igual a igual.