Tiven o raro privilexio de asistir o ano pasado á inauguración do Salón Erótico do Atlántico. Digo raro porque un día antes morrera un compañeiro de traballo, e alí estaba eu co meu loito recauchutado mirando o alcalde de Vilagarcía tocando a guitarra entre actrices porno que se sacaban as tetas nun recinto baleiro: unha maneira moi orixinal de pedir o voto do catolicismo máis granado da vila.
Foi unha experiencia alucinante. O alcalde xustificou entón a súa presenza alí defendendo a sutilidade do erotismo e a importancia da suxerencia, e cinco minutos despois unha rapaza espida púñase a catro patas e, como o mago Antón, facía desaparecer un plátano. Suxerente foi daquela maneira; sutil non debeu de selo, porque pegou un bo berrido.
Esta fin de semana volve o salón e faino despois dunha extensa promoción polos bares e xornais, os únicos lugares onde cada un á súa maneira atopa o pracer do sexo. O pasado ano estivo unha parella liberal que che facía o que quixeras (non había moita vergoña, e houbo colas: de xente). Miren, pornografía vén sendo “descripción (grafía) dunha prostituta (porno)” e “erotismo” vén de Eros, o deus grego do amor. Por gusto, e por unha cuestión poética, eu sempre me aliñei co erotismo. Milito na suxerencia con certo descaro, e nunca me gustaron os primeiros planos de nada que esté por debaixo da cintura. Ao salón, que inaugúrase hoxe, pódenselle dar moitos vivas, previo pago de 20 euros, pero non chamarlle erótico: é tontería.

4 comentarios:
eureka, L soy yo...un besín
"En nuestro país tan ejemplar, que ha tomado una posición de vanguardia para denunciar publicidad ofensiva, se publican a diario miles de anuncios, a 1,15 euros por palabra cada uno, vendiendo sus productos: "colegialas sin braguitas". En la revista Capital leí un reportaje donde se calculaba que el periódico más leído de España ingresa unos 13.000 euros al día por anuncios de sexo, cinco millones de euros al año. La doble moral a veces produce escalofríos: se decide no regular la prostitución, condenando a muchas mujeres a ser aún más vulnerables, y en cambio se desayuna cada mañana con cinco páginas de sexo duro, un caso único en la prensa europea. Seguimos empeñados en condenar a la ficción mientras absolvemos la realidad."
Joana Bonet - La Vanguardia
18 de marzo 2007
Los primeros planos no valen nada, de cintura para abajo. Además, para enseñar primeros planos, se podían ahorrar esos cuerpos.
Pero sí, lo de hacer desaparecer un plátano, o lo del alcalde de Villagarcía tocando la guitarra, no lo relacionaría yo con el erotismo.
Un abrazo.
Charlotte, comparto al cien por cien ese texto de Joana Bonet. Es un caso, el de los anuncios en prensa (y el de las esquelas de los fusilados en la Guerra Civil) que subraya la doble moral citada de manera excepcional. O, por decirlo de otro modo: todo por la pasta. Que es lo que manda, al fin y al cabo: en la prensa y en el mundo. Un saludo (me alegra volver a tener noticias tuyas).
Portorosa: completamente de acuerdo. Lo del alcalde tiene un toque kitsch, pero ya el resto... Lo que me espanta es esa convicción de los políticos por justificarse. Diga usted que está en un festival pornográfico, hombre, y ya está: no nos venda las excelencias del erotismo y su belleza, que ya las conocemos y no tiene nada que ver con lo que usted está inaugurando. Un abrazo.
Publicar un comentario