Me he trasladado! Redireccionando...

Deberías ser trasladado en unos segundos. De no ser así, visita http://www.manueljabois.com y actualiza tus enlaces, gracias.

jueves, mayo 15

Makeleles

Makelele deixou pegada no Celta: unha chea de recuperacións de balóns, unha millonada que pagou o Madrid por el e o alcume nun rapaz que hoxe, case contra natura, lle rouba os titulares. De Makelele dixo Del Bosque (nunha cita terrible que conmocionou aos Ultra Sur, tan convencidos da superioridade da raza branca) que no vestiario do Madrid chamábanlle o trípode. Nas rúas de Santader estrelou o seu Mercedes de luxo nunha livin la vida loca e deu positivo na proba da policía. A historia é circular, viaxa a lombos de Heráclito, e agora o espírito daquel conductor suicida, o rapaz Makelele percorre as estradas encarnado nun rapaciño de barrio benquerido, cando non idolatrado, polos seus. O problema vén dado agora: ¿quen foi antes, Makelele ou Makelele? O vigués leva pinta de película: o pique cun coletas deixou dous cadáveres no cemiterio e dous orfos na casa. En liberdade á espera de xuízo, a Makelele pillouno a polícia de novo bébedo nunha moto comendo semáforos en vermello. Pode que alucinen os mozos do Youtube que flipan coas andanzas destes heroes modernos. E non sabemos se Makelele está cómodo no seu papel, ou se algo lle atormenta. Para saber iso terían que ter mortos os seus pais nunha aloucada carreira de dous ‘makeleles’, e ninguén pensa, nin sequera Makelele, que lle poida pasar na vida algo así.

6 comentarios:

Reina de Palandria dijo...

Por fin colgas algún artigo do luns a venres... Ainda agardo aquel do que dixeches que tivera censura.
Os de Luns a Venres teñen máis retranca, penso eu , e nunca os atopamos no teu blog. Non me preocupaba porque estaba facendo a colección das contraportadas na oficina, pero a señora da limpeza tiroumas todas á basura.

Bicos.

M. dijo...

Nooon, tanto como censura non: quitaran a expresión "comer a pirola", o cal me pareceu ben porque hai artigos que eu escribo de noite e, sen solución, saen a primeira hora da mañá. E non é o mesmo ler "comer a pirola" a unha hora que a outra.

:)

yaya dijo...

Llevo unos días preguntándome qué les atormenta a los makeleles de turno. No puedo imaginarme lo qué es estar en su pellejo.

"Comer a pirola" es una expresión hasta infantil, no sé por qué la quitaron.

Nacho dijo...

vaya, vaya, parece que se desvía el tema hacia algo interesante. Comer a pirola é comer a pirola, por la mañana, por la tarde y por la noche...Mucho remilgao hay entre los que dirigen los medios de comunicación. No te cortes, escribe lo que te salga de los cojones, que nosotros lo agradeceremos. Mojigatadas ya bastantes sobran.

Julio Torres dijo...

Moi boa acertada reflexión, a cal suscribo. E fai pensar ¿quen vixila ós xuíces que se atreven a deixar baixo fianxa a un ASESINO, si non me trabuco. Ou que nome recibe ó que mata a un matrimonio circulando nun coche a grande velocidade sen carnet de conducir e sen respetar ningunha norma de tráfico. ¿Que fai falta para que non saia do cárcere sen fianza entonces? Está claro que, hoxe por hoxe, é moi barato matar ó volante. Por desgracia...

Un saúdo, M. desde Sanxenxo
Carpe Diem

E. dijo...

Nadie los vigila. Son lo reyes de su mundo, de su submundo. Es terrible. A veces creo en la pena de muerte.Y eso si que es terrible.