Me he trasladado! Redireccionando...

Deberías ser trasladado en unos segundos. De no ser así, visita http://www.manueljabois.com y actualiza tus enlaces, gracias.

jueves, mayo 22

Nak, Nak, Nakin

A min paréceme ben que non veña Bob Dylan a Coruña porque toca de costas. Non o sabe Henrique Tello, pero só hai que ir ao youtube para ver que hai concertos nos que Dylan baixa o micrófono ata a altura do cu cando necesita dalgunha nota de aire. E xa que está de costas podería mover a cintura, tipo Shakira, pero nin iso. Ás veces, se non está de humor, saca un bafle ao escenario e canta desde o camerino. E se non está para festas, queda na casa e manda un tipo cunha radio de casete a que lle dea ao play e veña, tirando. Non é a única crítica que toque de costas, como facía Jim Morrison nos bares de LA, senón que “chega e non saúda”. Nin un “cómo están ustedes” correndo dun lado a outro do escenario coa man na orella, nin un “buenas nooooches berebereberebé”, nin un “hasta luego Lucas” que faga sorrir ao público, que pide festa. O Concello da Coruña rexeita por todo iso a contratación do artista e Henrique Tello dá o argumento final: “Non toca ningunha canción coñecida”. Nin o chiki-chiki, nin Paquito el Chocolatero nin nada que poida cantarse con dignidade. Das súas, menos. Toca cousas estrañas que se lle van ocorrendo polo camiño, por iso está de costas: para que ninguén vexa como toca a guitarra ao chou mentres improvisa rimas aproveitándose de que canta nun idioma raro, creo que inglés.

3 comentarios:

Nacho dijo...

Estás perdiendo fuelle querido m. o al menos eso creo yo, y claro con algo tan básico como el "nak, nak..." pues a ver cómo te echo flores , piropos y demás florituras. Mira que me pensaba yo lo de tirarte los tejos a través de la red, y que surgiese el amor, así, a lo freake, que los tiempos están para este tipo de romances, pero hombre... con Dylan no te metas.

yaya dijo...

La verdad es que el chico este (¿Henrique Tello, no?) pues muy bien, lo que se dice muy bien, no quedó con las explicaciones. Pero bueno, Dylan no salió en Luar ¿no? A que va a ser eso...

Anónimo dijo...

Teño lido en varios foros estes dias o tan traido e levado tema do concerto de Bob Dylan na Coruña, e moitos dos seus fans (abreviatura de fanáticos?) din que é verdade, que os seus concertos son un coñazo, que é un grande artista pero que en directo non transmite nada, estou por pensar que Henrique Tello pensou que seria máis atinado traer polo mesmo prezo a un par de grupos con máis tirón (chámalle gancho,chámalle atractivo)para as festas da Coruña, o da excusa de que non tca temas coñecidos paréceme unha tonteria iso si, Knocking on heavens doors ou Like a rolling stones son temas sobradamente coñecidos, tanto como flowing in the wind, outra cousa é que non fora a ter "gancho" como dicia.

Noutro orde de cousas, o comentario retranqueiro de Yaya seméllame un pouco manido de máis, por moito que Henrique Tello, si, chámase asi, sexa do B.N.G. non somentes escoitará Luar non ? ou é que os galegofalantes, galeguistas ou nacionalistas somentes escoitamos folk e somos seguidores de Luar....ummm.

Un saúdo a todos