Me he trasladado! Redireccionando...

Deberías ser trasladado en unos segundos. De no ser así, visita http://www.manueljabois.com y actualiza tus enlaces, gracias.

jueves, junio 5

La vie magnifique

Alguén dixo (¿un poeta pasado de cortisona?) que o amor era exhibicionismo e os namorados teñen a necesidade, case patética, de amosarse aos demáis sen reparo e con gusto. Medio ano despois de coñecerse, Carla Bruni e Nicolás Sarkozy tiveron tempo de namorarse nunha cita a cegas, pasearse días despois en Disney (¡doce metáfora!), desafiar as pirámides, casar, visitar á Raiña de Inglaterra (¡vella metáfora!), denunciar intromisións (¿as deles nas nosas vidas?) e, agora, publicar un libro coa historia da súa paixón. Se non teñen xa tres fillos é porque a natureza aínda se lles resiste, pero todo se andará. Bruni fala no libro e describe as súas cousiñas, como que as súas prioridades son actuar contra a pobreza no mundo e loitar contra a ignorancia. Chega tarde a primera dama francesa: esas prioridades son as miñas desde hai tempo. Mais hai algo que fai tremer ao máis duro: as verbas que lle dedica ao seu namorado. O amor é exhibición, arroxo, poesía. Tamén é tempo, pero os Sarkozy convertiron os minutos en meses. “El é de boa composición: tres raios de sol e atopa a vida magnífica”. Pode que perda forza coa tradución, pero en francés o resultado é espectacular: “la vie magnifique”. Sería unha definición absoluta senón estivese suxeita, como toda a monarquía francesa dende Luis XIV, aos caprichos do sol.

8 comentarios:

yaya dijo...

Pues hay algo que no tuvieron rápido: sexo. Sarko le dijo a Carla que en la primera cita no era elegante y ella se quedó impresionada.Debía ser su primera vez.

La verdad es que es todo un folletín lo de Carla y Nico. A mí me tienen loca. Y lo de los tres rayos de sol... me ha alegrado el día (que falta hacía, por cierto)

M. dijo...

La canción, la canción: pincha en la canción. ¿Cuántos años han de pasar para que nazca otro Serge Gainsbourg?

M. dijo...

Sobre Jane Birkin, ahorro el comentario.

Riforfo Rex dijo...

¡Y a mí que el tío me cae como un puñal colgando encima de la cama!

Anónimo dijo...

"Chega tarde a primera dama francesa: esas prioridades son as miñas desde hai tempo". A mín o que me sorprenden son estas declaracións saíndo do seu teclado. Casi caio de cú coa risa. ¿Estamos a falar da mesma persoa? ¿Vostede preocupado polo hambre no mundo dende hai tempo? ¿Canto tempo? Dous minutos. ¡¡Anda ia!!

M. dijo...

Lo pilla usted todo al vuelo, ¿eh?

Jo.

Reina de Palandria dijo...

O amor é unha maneira coma outra calquera de desviar as olladas da crise cara outro lado, os franceses falan da vida sexual-amorosa de Sarko e non se preucupan pola gobernanza dos asuntos. Cada país ten os seus propios culebróns protagonizados por políticos para entreter ao pobo mentres éstes xogan á ruleta rusa coa nosa economía.

Anónimo dijo...

Senior M. e que vostede � tan xenial que me consegue enga�arme sempre.

(Como supo�o que o seu ego lle far� crer que falo en serio son eu quen engade agora: Lo pilla usted todo al vuelo, �eh?)

De nada.