Me he trasladado! Redireccionando...

Deberías ser trasladado en unos segundos. De no ser así, visita http://www.manueljabois.com y actualiza tus enlaces, gracias.

jueves, junio 12

Pluses

Cando parecía que a crise se aveciñaba na súa vertente máis tibia (desabastecemento de froitas: veremos en qué queda todo cando non chegue o whisky aos almacéns) 121 funcionarios da Xunta de Galicia reciben xa ao mes o seu plus de altos cargos. É unha noticia excelente, non tanto polo diñeiro (un complemento de 15.000 euros anual a Gasol daríalle a risa e case ma dá a min) senón pola época. Chega o diñeiro no verán, a estación violenta. Quere dicirse que tamén se conmemoraba en tempos o glorioso Alzamento, así que a finais de xullo os altos cargos poderían cobrar (e se non o fan, alomenos esixir con temperamento) unha nómina completa a maiores: esa herdanza tan exquisitamente franquista non entrou na Lei de Memoria Histórica, aínda que véxase a metáfora: cunha paga máis é máis doado soportar o pasado. Así que por cartos non vai ser o progreso de Galicia. Agosto é un tempo de gastos, e a Seychelles non se pode ir en coche oficial. Xa fomos a Cuba, certo, pero aquelo foi traballo: expansión da cultura do país, aínda que Alfredo Conde ou Xosé Vázquez Pintor pagaron o seu billete. Son as felices cousas do cambio: agora teremos os contribuíntes a seguridade de que eses cartos non se gastan en cacerías. Nese senso a nova Xunta deu pasos moi firmes: o que antes eran cervos, hoxe son mojitos.

5 comentarios:

Reina de Palandria dijo...

¿cambio? ¿nova Xunta? ...bonitas palabras que desgraciadamente non teñen un reflexo na realidade. O dos mojitos a min conmoveume especialmente. Así promocionase calquera cultura, despois de beber 400 mojitos a ver quen non adora a Rosalía e lle bota flores ao Gaias.

Bico

Anónimo dijo...

Con permiso, só uns apuntes, sen ánimo de xustificar nada pero si (confeso) un tanto enrabietada ante tanta parvada.
A embaixada española en Cuba convidou a toda a representación española a uns aperitivos con bebidas (cubatas e mojitos incluidos) unha tardiña durante a Feira do Libro. Que eu saiba, ninguén lle pedíu contas por ese 'despilfarro' nin ao embaixador, nin a Exteriores, nin ao Goberno español.
É habitual que nas exposicións de arte plástica se convide a tomar algo. ¡Fano ata os alumnos de Belas Artes de Pontevedra! Servir mojitos en Cuba é o máis sinxelo e económico por moi exótico que aquí pareza (pero claro, coma sempre, somos a puta medida do mundo). A tolería sería convidar alí a rioja, algo que seguro soaría moito máis apropiado. En fin, señor Jabois, vostede tamén cos mojitos?

Reina de Palandria dijo...

Non é polos mojitos en si, muller, é o de menos que sexan mojitos, caipirinhas ou viño con gaseosa, é a cifra económica que eso supón para a Xunta. Que son 600 euros en mojitos, e moita xente non cobra eso. Vamos que é unha cuestión de prioridades, e postos a priorizar, pois os mojitos a min sobranme.

Por suposto que foron económicos, pero máis económico sería non mandar aos invitados do noso goberno en primeira clase, por exemplo.

M. dijo...

A cuestión é moito máis sinxela. Había que estar na Habana unha semana escribindo da Feira do Libro e esa persoa tiña que ser Lulú... ou eu. Como tocoulle ir a ela, eu escribín este artigo e ela escribíu este comentario. Se me tocara ir a min, ela escribiría este artigo e eu este comentario.

PD: O curioso é que eu prefiro que as cousas sairan como sairan, porque escribiu moi ben da feira e viviu aínda mellor. Y además, bien mirado, yo ya no tengo el chocho para farolillos.

Anónimo dijo...

Ai, neno, pero non acabes aí. Tanto amagar, tanto insinuar, non, non, non. Que feo. Ata o final: Lulú formou parte da expedición de xornalistas (un cento ou dous eramos) e viaxou a La Habana a gastos pagos pola Xunta para cubrir a historia. Por suposto fun e volvín en primeirísima clase (e porque non quixen meterme na cabina e pilotar eu o avión, que os da delegación galega podiamos), estiven nun hotel de luxo, chupei 200 dos 400 mojitos e, como calquera comprenderá, polo tanto, véxome obrigada a defender no foro que sexa a viaxe esa do demo, as políticas todas da Xunta de Galicia e mesmo o castrismo, se se tercia. "Vivíu aínda mellor". Non vexas! Durmín ata as 12 todos os días, comín langosta diaria, follei con todo canto mulato se me cruzou e, home, escribín algo (evidentemente laudatorio) sobre a feira pero iso si dende unha hamaca dunha praia da hostia (cuxo nome non lembro porque estaba cunha resaca do copón).

Gustou a película? Todo Dios adoece por que se confese algo así.
Pois que lles aproveite. Pero non. Non foi así. Lulú foi de casualidade a cubrir o evento, como case sempre se vai a todas as historias que montan as institucións (municipais, provinciais, etc. -e aquí engado que a calquera viaxe do Concello de Sanxenxo ou do Patronato de Turismo Rías Baixas foron máis xornalistas que a Cuba, a onde, se non me lembro mal, fomos nove, en dúas quendas: a semana da inauguración, sete;e a seguinte, dous-). Non viaxei en primeira clase e apenas vin a unhas poucas persoas facelo. Durmín no hotel Plaza, que tiña unha espléndida terraza, tan espléndida era como chunga a habitación que a min me tocou. Mandei unha crónica diaria (menos o último día), escrita a toda mecha, dende un cuarto acondicionado para que os xornalistas traballasen. O que comín pagueino do meu peto e, se saín de noite, fixen outro tanto. Igualiño que cando estou en Pontevedra, en Monforte de Lemos ou en Santiago de Compostela. Se vise merda, contaríao. Non a vin. Non me pareceu que aquilo fose un despilfarro a lo loco. Eu o que vin foi a xente currando, moi agobiada por veces, nunha Feira do Libro. Que se podía ter feito mellor? Non digo que non. Que houbo politiqueo en asuntos como o de Conde e Pintor? Xa dixen que me parecía unha vergoña o que pasou con eles. Que promover o ser convidados na illa era moi criticable? Habería moooito que discutir ao respecto. Pero iso todo quedou relegado ante os 400 mojitos. Que queres, a historia de Cuba a min chéirame a podrido xa hai rato e a xente bótalle unha imaxinación ao asunto (incluído, ti, Jabo: "viviu aínda mellor", que demo tes na cabeza? se sabes todo o que fixen!) que pa' que.