Me he trasladado! Redireccionando...

Deberías ser trasladado en unos segundos. De no ser así, visita http://www.manueljabois.com y actualiza tus enlaces, gracias.

jueves, noviembre 27

Drogas

Hai dez anos o cantante Manolo Kabezabolo tocou en Mougás. Saíra cun permiso do psiquiátrico. “É un permiso moi curtiño, así que vou cantar as cancións unha detrás doutra e a toda hostia”, díxolle ao público. Rematou en vinte minutos. Lembrei aquela historia vendo unha serie de programas chamado Carta Blanca que emitía a TVE e que pode atoparse agora no Youtube. Nun estivo invitado Antonio Escohotado e levouse con el a Albert Pla e a Bebe para falar das drogas. Escohotado é o autor de Historia General de las Drogas, que é un ensaio monumental. Dixo o filósofo que a prohibición fora o maior experimento moral do século, xa que as drogas sempre estiveran ata entón aceptadas. E chamou a atención sobre unha cousa: mentras o prezo das cousas sobe cada ano, as drogas seguen a custar o mesmo, ou aínda menos, que hai quince. Pla dixo nalgún intre: “Ás veces a xente...”. E Escohotado cortoulle: “¿Ti consideraste parte da xente, Albert?”. Escohotado defende a educación, non a prohibición, que conleva ignorancia. “Non podes conducir un automóbil sen aprender”. Bebe fumaba un pito tras outro e ás veces sorría. Ao final Escohotado preguntoulle a Pla pola mortalidade a causa da droga. Pla, coa cola de pelo suxeita cunha gomiña rosa, subiu algo as cellas e baixou aínda máis a voz: “Home, a mortalidade inventouse antes que as drogas, ¿non?”.

8 comentarios:

Anónimo dijo...

con permiso, tómome a libertade de facer autobombo só por deixar un link a eses videos de Carta Blanca que comenta :D

por certo, grande post, como tantos outros que saen de aquí ...ah, e nese concerto de kabezabolo estaba tamén eu :)

M. dijo...

Opaco, pode facer vostede aquí o que queira, que tamén é a súa casa. Sei do seu interese polos seus xenerosos enlaces a varios posts e aproveito para dicirlle que é mutuo. Grazas polo link e espero que lle aproveitara o concerto :)

L dijo...

buenísimo, M.
y está claro, la educación es lo primero...:)
besín

Anónimo dijo...

Gustoume moito atopar un artigo sobre a droga sen paternalismo. Lin ao profesor Escohotado en varias ocasións, e comparto a súa visión desmitificante deste mundo.

Julio Torres dijo...

O eterno debate legalización sí, legalización non. Complicada resposta. O que sí é que recentemente coido que nalguns sitios de Holanda acaban de prohibir as narcosalas.

A paradoxa de todo isto é que o alcohol e o tabaco son drogas legales e tamén matan...

Escohotado sempre se distinguiu polo seu apoio incondicional á legalización. Insisto, é un tema complexo. Pasan os anos, e o debate segue anclado no mesmo punto. E iso que xa pasaron diversos gobernos, incluso de distinta cor.

Un saúdo, compañeiro e paisano desde Sanxenxo
Carpe Diem

Anónimo dijo...

Nada que dicir, salvo que debín rexistrar o copyrigh do título no seu día. ¿Cantos artigos lin xa có mesmo nome? O problema da ilegalización é a súa incoherencia. Mellor legalizala que prohibir só a parte que molesta. É dicir: É ilegal lucrarse coa venta, comerciala e traficar con ela, pero non é ilegal que un concello conceda licencias para urbanizar a unha inmobiliaria creada con cartos blanqueados, nin tampouco aceptar cartos procedentes deses caciques do século XX que son os capos. Certamente o problema das drogas é que sexan ilegais.

Anónimo dijo...

La cuestión no son las drogas en sí sino lo que hace mucha gente cuando las toma. Vandalismo, agresiones a personas y mobiliario urbano, maltratar a sus parejas y más gilipolleces. Si tomarlas se quedara solo en el ámbito privado no problema. Pero cuando algún guay dice "drogarme es cosa mía" yo le diría "ok, por mí como si te tiras al río, pero los demás no tenemos porque aguantar tu pataleta si el chute te sienta mal". En otras palabras, si quieres joderte, pues adelante, pero no molestes, y hazlo tú solo. No metas a críos en tu mierda.

Anónimo dijo...

escohotado sabe a dios,pero se pone demasiado...El experimento de la prohibición claramente no funciona: ni mioral , ni abstinencia, pero te imaginas por un momento Manuel una sociedad drogada permanentemente. Totalmente drogada, quiero decir.
Salute