Non sei moi ben a que se debe o escándalo producido por eses novos pecados cos que vén de baixar Ratzinger, pisando a bata, do Sinaí: tal e como están a cousas, pecado sería votar a Zapatero. Unha das apaixonantes cuestións que toca a Igrexa é a do diñeiro. Os camiños do diñeiro e da Igrexa son como os de Deus: inescrutables. Desde o Vaticano, esa cova de humildade que inaugurou un pescador, din que é pecado enriquecerse ata límites obscenos. Parece unha provocación ("¡pecade se podedes!"), pero déixase a Igrexa algo importante: ¿cal é o límite da obscenidade? Ou mellor, ¿estaremos ante o caso, tan universal, da palla no ollo alleo? A lista, en fin, inclúe un apartado moi elitista. Por exemplo, non farás manipulacións xenéticas. ¿Cal será o seguinte: non mexes na Estación Espacial Internacional? Imaxinen un paisano que se achega ao seu cura de sempre e lle diga, este domingo a máis tardar: “Non llo dixen ata o de agora, pero no meu tempo libre, ademais de roubarlle as ovellas ao meu veciño, fago transferencias de ADN dun organismo a outro”. O que se confirma coa nova lista de pecados é o que se soubo sempre, desde que se anulou a voda de Rocíito: na Igrexa tamén hai clases. Tantas, que agora ata hai pecados que están só ao alcance duns poucos privilexiados.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
2 comentarios:
La transferencia de adn es un pecado desde hace mucho, pero sólo fuera del matrimonio. :)
Un saludo, le leo.
Jajajaja... Cierto, hostias!, pero con lo puerco que soy, cómo no me di cuenta antes!!
Publicar un comentario