Unha "esquizofreire", inspirada directamente no Premio Planeta, ou un trastorno "tubular" (en lugar de bipolar), deudor daquel mítico traballo discográfico de Mike Oldfield, son só algunhas das expresións que recollen ás veces os médicos dos pacientes e das que veño de ter feliz coñecemento nunha cea entre semana. Únoas as xa míticas "veño de que me fagan un escano", "teño unha hernia fiscal", "a miña muller é esméril", "o meu home é omnipotente", "a autopista dí que morreu dun infarto" ou o que avisaba aquel enfermo terminal na cama: "Ata o nabo todo é toro". Alguén con tempo e ganas debería coller os trastos e facer un bo libro disto, porque material hai dabondo. A outra noite souben da psicóloga que inclúe no calendario dos seus internos o obradoiro de Habilidades Sociais (HHSS) e un contéstalle, canso: "¿E agora que temos, habilidades sexuais contigo?". Relacionado coa medicina pero nun paso superior (cando a medicina perde o paciente, e o gaña Deus) dixo o alcalde de Negreira: "Cando Don Manuel falte, uns iremos para o inferno e outros para o purguratorio". De todas, a miña preferida é unha que me contaron da vella á que lle receitan Seroxat, e logo duns días aparece na consulta do doutor: "Mire, ¿non podería facelo mellor pola noite? E que a min pola mañá o sexo oral dame arcadas".
viernes, mayo 30
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
5 comentarios:
De esas poderiache contar eu algunha!
Cando me piden cita para o Colista ou para o alcoholista, que para o caso, parece ser que é a mesma cousa.
Ou aquel que cando lle preguntei a un polos antecedetes persoais (suponse que médicos) e me di: ROBE UNA MOTO!.
e a mellor foi cando unha muller queria que o médico lle mirase unhas hemorroides pero lle daba vergoña, enton dille que non se denuda que lle daba moito corte, o médico contestalle que si non as ve non pode receitarlle, xa que ten que ver en que estado están. Entón ela preguntalle si solo necesita mirala, o médico dille que si, e ela colle o seu movil 3G de última xeración con pantalla de 3 megapixels, busca en imaxenes, e lle enseña ao médico esa parte donde como moitas veces se di, a espalda perde o seu nome!
Teño que recollecer que é unha parte moi divertida de este traballo.
Un bikiño
"Mareadas de pava" (con permiso de No Somos Nadie-M80)
Desde los chalés apareados, pasando por los muebles de fornica y los tejados de aurorita y los pisos en alquiler con “la comodidad” incluida en el precio, el mundo construcción-inmobiliario da mucho juego.
El mundo sanitario también ofrece las suyas:
El consabido fernandol y la claudina para la gripe. Y cuando te da la hernia fiscal todo el mundo sabe que hay que hacerse un escaño para ver como está la cosa.
Luego está el que te dice que tiene un sistema nervios(¡menos mal!) o que lo tiene muy duro.
O el que tiene el hígado perfecto, que solo tiene la patitis. La que su hijo toma alucígenos. El que hace las cosas por propia voluntad, es decir “ de moto propia”.
Una de cosecha propia: los principales centros de comercio de la época eran Brujas y Glande(con un par)
En fin, quien tiene boca se equivoca.
Un saludo, E.
Qué bueno lo del tipo: ¡Robé una moto! Espero que no fuera la tuya, por lo menos.
Sobre lo de motu propia creo que había un policía que ordenaba bajar a alguien de la suya "de motu propia", en plan amenaza, y el fulano contestó: "No, no de MI moto propia".
Bicos.
unha veciña miña díxmome unha vez : "teño unha tros que me está matando". Creo que era artrosis o que tiña.
Bicos
Hernia "discar" ,dar la vuelta a la "rodonda",la mesa de "metracrilato",hacer "aujeros" o
leer el "anejo" están a la orden del día
Publicar un comentario