Me he trasladado! Redireccionando...

Deberías ser trasladado en unos segundos. De no ser así, visita http://www.manueljabois.com y actualiza tus enlaces, gracias.

jueves, octubre 4

Choiva

A última vez que estiven con ela sorríalle a todo, e logo caíanlle bágoas gordas como mazás, case sen sentido. “Choro sen vir a conto”, sorriu secando con graza os ollos cos puños. “Faime graza. Son coma un arco da vella”. Notara un vulto pero non andaba preocupada. “Fun ao médico pola miña nai. A mín non me doe nin nada”. “Non lembro outonos sen ti”, escribira eu hai anos. Ppechou os ollos. Quizais esperaba, ao abrilos, verse con dezaseis anos e os soños intactos, a esperanza aínda sen derramar nos catro ou cinco clixés absurdos que ao final acabamos todos aprendendo obstinadamente coma se ao facelo fósemos conscientes do que era a vida. “Se andas tan preocupado mandarei un email cos resultados”. Mirei arredor sen contestar. Xa volveran as madrugadas frías e baleiráronse as terrazas. Algún día anterior a aquel tamén chovera, pero xa non era a tormenta de verán, senón a que cala as estacións e a que enche de charcos alegres os parques. Un gris suxo arrolaba a cidade, ata adormecela, e de súpeto un trono facía saltar as pedras das rúas e axitaba con violencia a terra. O verde das árbores refulxía baixo un estremecemento repentino, e diluíase entre choros esgotadores. Chegou o correo unha semana despois. “Estou moi enferma”. Na vida, como na choiva, non hai que baixar a testa: non ha parar, e non nos imos mollar menos.

2 comentarios:

Portorosa dijo...

Lo siento.

Anónimo dijo...

a choiva mollanos e retumba nas ruas a igual que a sangue no corazón. O enfrentarse o bicho e dificil, e hai q ter unha entereza e forza interior, ser positivos y afrontalo tal e como ven.

E duro, pero hai loitar e levantar o animo, esta a chover, pero o sol esta a sair pola maña cedo.

animo.

O madrileño.