Xa houbo a quen por violar un rapaz caéronlle 6 anos de prisión e quen por violar á súa fillastra tivo parecida condena. E non sabemos que lle pasará a ese neng ao que se foi a olla borracho e pateoulle a cara a unha rapaza porque era ecuatoriana. Unha ecuatoriana mentirosa, engadíu xa na porta da súa casa, en pantuflas, atendendo á prensa como Doris Lessing hai dúas semanas. A Xustiza ás veces ten maneiras moi suaves. Mesmo lembramos de Barrionuevo, condenado por montar un tenderete antiterrorista con Mortadelo e Filemón como axentes principais, os seus paseos polo patio da cárcere para manterse en forma: cousa duns días. Houbo xente que non tivo tanta sorte cando chegou o momento de sentarse no banco. Por exemplo, no Eixo, a parroquia compostelán onde se cotiza unha agresión a un policía a 7 anos de cárcere e 156.000 euros de multa: xa tiveron que ser unhas boas hostias. O caso é que o Goberno de Non nos Falles négalles o indulto aos tres condenados aínda que van xa para nove anos daquelo e non hai rastro de delincuencia entre eles. Máis de 12.000 firmas piden un perdón necesario. “Se finalmente van ao cárcere iremos con eles ata alí e loitaremos por liberalos”. É unha boa idea: lembra ao mesmo Felipe González en Guadalajara, berrando perdón, xustiza ou vaia a saber que. A súa xente non durou moito alí, e a condena era por secuestrar un vello inocente: por riba, chapuceiros.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario