Me he trasladado! Redireccionando...

Deberías ser trasladado en unos segundos. De no ser así, visita http://www.manueljabois.com y actualiza tus enlaces, gracias.

jueves, octubre 18

Vilarchán

Os veciños de Vilarchán, unha aldea de Ponte Caldelas, veñen de xuntarse para comprar unha casa e impedir a instalación dunha familia xitana que xa tiña pagado o sinal: dise moito do vendedor. Alegan os veciños o medo de que se instalen alí todos os exiliados do poboado pontevedrés do Vao, recoñecido supermercado provincial da droga. A unión dos pobos soe ser a man executora das máis deliciosas inxustizas, e o medo o seu inconfundible motor. Os xitanos nunca tiveron bo cartel, pero peor o teñen os pobos cando deciden xuntarse. Estas sospeitosas unanimidades sempre me lembraron a Woody Allen e aquela cita: “Os estudiantes unidos non poderán saír pola porta de clase”. Probablemente haxa entre os veciños de Vilarchán preitos de terras e cuñados que non se dirixen a palabra, pero os xitanos son unha forza superior que ameaza o seu limpo ecosistema: ombro con ombro, e a rascar o peto. Se a hipoteca fora para facer da casa un centro cultural ou para darlle un fogar a unha familia en ruína había que velos a todos en asemblea. Pero está en xogo o futuro da aldea. Non é cousa de ver pola rúa aos rapaces en calzóns buscando pegamento e repartindo papelinas. Racismo non é, din eles: pero non os queren. Aí están as frías vértebras do problema: que non é racismo, efectivamente, senón sospeita. Baixo eses prexuízos non funcionaría o mundo. O anuncio de Gadis olvidouse diso: a violenta desconfianza deste noso Dogville.

8 comentarios:

FPC dijo...

Efectivamente, la sospecha mueve montañas. Ríete de la presunción de inocencia. Pero los políticos callan, los medios atruenan: y así se va haciendo la vida, hipoteca que quizá luego no puedan pagar y pase a la "sociedad" de modo que nos toque a los demás nuestra parte alícuota. Y ello sin olvidar el auténtico problema social que se oculta detrás y al cual la administración no pone coto ni remedio. Sólo los echan cuando quieren expropiar y construir. Gracias por tantas entradas jugosas.
Saludos cordiales

Anónimo dijo...

Yo no soy racista...pero los gitanos que se pudran...bueno esta frase la piensa 110 de cada 100...y porque??...porque ellos, los gitanos son los primeros racistas de todos...y los primeros que crean climas adversos con sus leyes y "culturas"...si las ventanas de alumino y las tuberias de cobre pudieran colaborar en el pago de la hipoteca vecinal serian las primeras en hacerlo....

Mabalot dijo...

Decía un profesor mío que el racismo se adapta a cada época; ahora nadie diría, a no se un chalado, YO SOY RACISTA.
El esquema es el siguiente hot en día; Yo no soy racista... pero...

Ese PERO delator. El problema aquí es el mismo desde ambos lados; un racismo bilateral, por ponerme pedantuelo. O un racismo por reacción, como un circulo vicioso. Unos instalados en su cultura y con escasa capacidad de adaptación a la sociedad, y los otros haciendo más difícil esta adaptación evitando cualquier trato y convivencia.

No es tan fácil, y sí, siempre fue esto un poco DOGVILLE, pero aquí von Trier que lo arregle o lo escaralle.

busto.agolada dijo...

Xa é casualidade. Aínda este martes vin a película Dogville. E é espeluznante a degradación á que chega a poboación. En Vilarchán estarán a funcionar os mesmos mecanismos?
Saúdos, Manuel.

Portarosa dijo...

No está mal el anuncio de Gadis. Es bienpensante, es inevitable, pero con gracia y cierta autocrítica.

La ignorancia es terrible, no descansa nunca y es devastadora. De la desconfianza nuestra, culpable de nuestro individualismo y de la imposibilidad de colaborar en común (salvo para cosas así, por lo que se ve), qué decir a estas alturas.

Un abrazo.

M. dijo...

Os mesmos mecanismos? Que va. Non son tan hipócritas.

Unha compañeira cóntame que alí está poñendo pasta todo Dios: dende sindicalistas ata políticos de esquerda, pasando por empresarios, médicos e o cura da parroquia. Non, non vai ser ignorancia. Todo o mundo sabe ben o que fai.

Miren: no meu hábitat ideal non estaría unha familia (xitana ou non) sospeitosa de narcomenudeo. Hai dez anos igual ata o agradecía :-) Pero eu non son a lei, nin tampouco podo tirar a primeira pedra. E non creo que os veciños, máis aínda xuntiños, poidan.

Racistas os xitanos? Non os coñezo a todos.

Bos días.

Anónimo dijo...

Este tema está claro que ten unha moi dificil solución, pero o feito é que posiblemente os problemas de droga, delincuencia e chabolismo vaian cós xitanos para Vilarchán, no caso de que ao final esa familia de cinco integrantes (segundo eles dician) vaian a vivir alí, entendo a eses veciños, todos os que somos de Pontevedra sabemos que moitos ou case tódolos problemas de drogas veñen do Vao, asi que tamén irian a dar a aquel lugar que nunca saltou á palestra por ter problemas de convivencia entre veciños, é máis, eu nunca escoitara falar del ate o de agora. Polo visto esa casa estaba apalabrada por esa familia (Os Jimenez, segundo contou algún xornal) pero non diran sinal ningunha para reservala, os veciños fixeron unha fronte común para, senón resolver un problema, alomenos sacalo de diante...

Todos a una, como en Fuenteovejuna.

un saúdo desde www.breo.blogaliza.org

Anónimo dijo...

http://br.youtube.com/watch?v=fY3NYDcETPw