Manuel Rivas, hoxe, no xornal.
"En Corpo de rei, Pierre Michon recolle un anaco de Absalón, absalón!, de Faulkner. Falan dous mortos, Wash Jones e o coronel Sutpen, coñecido como O Demo. Foi Jones quen matou ao coronel, o seu amigo e amo, e despois morreu el. 'Que foi iso Wash? Pasou algo. Qué foi?' E Jones mirando o demo, a titubear tamén, sobrio tamén, contestaría: 'Eu qué sei, coronel. ¿O vento?', vixiándose os dous. Despois a sombra esvaeríase, o vento calmaría, e Jones acabaría por dicir, sereno, nin sequera triunfante: 'Vai ser quizais que nos mataron; pero aínda non acabaron connosco, ¿va que non?'. Michon fai unha proclama inhabitual dende a crítica, radicalmente gozosa, dun goce incondicional: 'Un deses anacos da historia das letras onde o que case fala é a inconcebíbel boca da Literatura en persoa".

No hay comentarios:
Publicar un comentario