Me he trasladado! Redireccionando...

Deberías ser trasladado en unos segundos. De no ser así, visita http://www.manueljabois.com y actualiza tus enlaces, gracias.

martes, abril 22

Camiño

Hai unha tradición moi española que consiste en prometer facer o Camiño de Santiago cando algo é improbable ou imposible. Lembro hai anos o locutor de radio Alfredo Martínez a conta dun España-Iugoslavia no que Alfonso marcou o gol da vitoria no último segundo. Despois de darlle grazas a Deus por existir, o gran García lembroulle que tiña que facer o Camiño que prometera: “¡Lo hago, lo hago!”, berrou o xornalista fóra de si. Esta semana Luis Aragonés foi máis lonxe: fará o Camiño se España gaña a Eurocopa. Díxoo respondendo á pregunta dunha galega, que o invitou a facelo e propúxose ela para acompañalo. “Irei coa miña esposa”, dixo el, como se a pobre rapaza xa estivese abrindo a blusa. Coñecendo o historial do equipo puido dicir calquera outra cousa. Mesmo que faría o Camiño se a selección gaña a Copa América de vela, tanto ten. O que si garda Aragonés é un carácter que non lle iría mal ao Camiño. Del sabemos por exemplo que non lle cabe no cu un pelo de gamba. Pode ser o primeiro da súa especie en abrazar o Apóstolo. Na TVE fixo méritos: prefire que lle chamen Zapatones a Sabio de Hortaleza. Con sorte fica no Obradoiro co seu colega de alcume, coa vieira no peito e facéndose fotos cos turistas, xa parte do decorado e do espírito, máis pendente dos ionquis que pasan pola Quintana que de Raúl, o que non deixa de ter graza vendo correr a uns e ao outro.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Con Aragonés dame a impresión que a selección española non chegará nunca lonxe... ogallá fagan un bo papel na Eurocopa deste verán e se poden ate que a gañen, pero coido que o que lles falta é confianza en si mesmos e iso é moi importante, se cadra é o principal, non inspira confianza un seleccionador que está constantemente cuestionado por levar ou non levar a tal ou cal xogador, que é apupado nos desprazamentos e que ten que achegarse a un programa de televisión para tentar remontalo voo...

Coido que Portugal pode ser unha das favoritas ao trunfo, ten un equipazo.

Un saúdo :)