Me he trasladado! Redireccionando...

Deberías ser trasladado en unos segundos. De no ser así, visita http://www.manueljabois.com y actualiza tus enlaces, gracias.

jueves, abril 24

Mariconadas

Días antes do Festival de Eurovisión unha plataforma serbia avisa de que non quere mariconadas. Refírese aos homosexuais. “Todos os que amosen aquí a súa homosexualidade serán apaleados. Damos a benvida a todos, pero non imos permitir que os homes vaian da man pola rúa. Nas súas casas e nos seus clubs, si. Que os nosos fillos non o vexan”. É gracioso esto último, porque normalmente son os seus fillos os que rexentan os clubs. Enténdese freudianamente que matar o pai vén sendo isto. Xa Eloy de la Iglesia puxo nos oitenta fillos de picoletos a meter chutes co abertzalismo, e non facía falla ir tan lonxe: ao cine, refírome. Os perseguidores de homosexuais teñe hoxe menos futuro que os perseguidores de Gebrselassie. Pero o mesmo día que a plataforma serbia saía aquel Luciano Moggi, capo do Calcio, a dicir que os gays non poden xogar ao fútbol. Logo engadiu: “Non hai un só futbolista gay”. Xa non hai gays en Irán e agora tampouco no fútbol: o tipo máis macho do mundo debe ser o defensa central da selección iraniana. Pensaba un que ante semellante cousa sairía a pelotazos algunha estrela do armario a dicir que non, que no fútbol, como na Igrexa e como no Exército, hai gays, tantos como na vida. Mais aínda non. En Irán xóganse o seu literal pescozo e houbo quen levantou a man. No fútbol deben de xogarse algo máis.

4 comentarios:

yaya dijo...

Eso pienso yo también, que poco les queda.
Duda: ¿por qué el defensa central?

M. dijo...

Hombre, el arte con el que Helguera sembró de lapos el Bernabéu ya ha trascendido más que cualquier ruleta de Zidane. Era la suya una actitud muy macho, aunque luego se metrosexualizaba en el vestuario. Hierro, Alexanco, Maceda, Camacho: tipos muy duros, de pelambre en pecho, defensas puros. "Pasa el balón o pasa el tipo pero los dos juntos no" y por ahí todo seguido.

Riforfo Rex dijo...

Cuando Ahmadineyad hizo esa afirmación a mí me entró un escalofrío. Si estaba tan seguro de que no había es probablemente porque sabía qué se había hecho de ellos (desaparecerlos)

Riforfo Rex dijo...

Cuando Ahmadineyad hizo esa afirmación a mí me entró un escalofrío. Si estaba tan seguro de que no había es probablemente porque sabía qué se había hecho de ellos (desaparecerlos)