Hai unhas semanas falou Rajoy dos requisitos que se necesitan para ser presidente do Goberno. Fíxoo coa gracia impostada de quen non convence a ninguén e opta por levar a mano ao sobaco e facer ruidiños con xesto de impotencia: unha milikitada. Non é de recibo, dixo, que para ser presidente chegue con ser maior de idade. Claro: tamén hai que ter barba. Probablemente o que non entende Rajoy é que Zapatero non estea unxido polo dedo de Aznar: a política dixital que o Campeador deixou como legado non lle colle a medida á democracia interna, e tampouco pilla o truco na externa. Moitos aínda non saben que perderon en 2004, nin tampouco hai ‘alonsitos’ no partido que lle digan ao rei que está espido. Se agora gaña o PP crera que esta lexislatura foi unha simple okupación dos usurpadores de Atocha e tentarán, eles si, o final dialogado con ETA e o pacto cos mesmos nacionalistas cataláns que firmaron o Estatut: a memoria política é unha figura retórica nos tempos da memoria histórica. Maiores de idade, claro: a todo hai que restarlle trascendencia. Xa Monterroso propuxera con certo brío a derrota da solemnidade. Pero Rajoy, aínda na súa mellor versión, non é Chesterton, e ademáis di importarlle moito España. Non sabemos cal delas: pode que a súa. Ten amosada a suficiente cultura, responsabilidade institucional e un apurado sentido tráxico da vida como parar mirar para outro lado mentras os pastores do seu rebaño baten as palmas na rúa emparentando a Zapatero con ETA e fomentando a tese de que o 11-M é cousa das cloacas de Ferraz: non é inocente; nin el, nin a súa tortícolis. Hai que dicirlle aquilo da muller do César e cantarlle, na serenata, ‘Si yo fuera presidente’. Hai que dicirlle que para gañar o poder é imprescindible primeiro perdelo, e non actuar dende a soberbia empadada en nostalxia dos tempos do fraguismo para dicirlle a Touriño que ten que sorrir máis e logo meterse con el porque non manten a “actitude”. O palo e a cenoria, pero dende a oposición: ao gandeiro móveo o burro.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentario:
mmmm... pues yo estoy convencida de que, si Rajoy es tan metepatas, es porque en su partido LE ESTÁN HACIENDO LA CAMA... por dios!!! pero alguien cree,de verdad, que este "piltrafilla" va a poder ganar alguna vez las elecciones? le pasará como a Don Manuel, que se volverá a Galicia a mandar ( CREO, GRACIAS A TODOS LOS GALLEGOS QUE YA NO VA A PODER SER.. ALGO SE HA MOVIDO EN GALICIA) porque NUNCA JAMÁS podrá gobernar España....
( lo que me ha costado entender el texto, majo.. un respeto para los que no somos gallegos... )
Publicar un comentario