O que parecía un defensa holandés perdido polo mercado de inverno resultou ser un barco cheo de gases: un Cela farto de callos metido nunha gran piscina. Na dereita esíxese unha pregunta de manual: ¿o Prestige da esquerda? O PP denuncia “apagón informativo” na TVG, achéganse tépedas voces de Nunca Máis e o barco paséase pola costa sen que ninguén o queira: un barco de inmigrantes.
Hai certa afección entre a clase gobernante polos paseos turísticos destes barcos sen saber que facer con eles. Sobrevoa a certeza de que isto está directamente relacionado co medo á reacción da cidadanía (ou sexa: covardía) e co medo á toma firme dunha decisión (ou sexa: incompetencia). Aí acaba o parecido do Prestige, que non é moito, pero si substancial. Logo está a relevancia sentimental. No Prestige xuntáronse moitos galácticos: non os lembraremos polos seus títulos, pero qué lustre.
A gomina, por exemplo. Aqueles capachos de gomina que ían recollendo os voluntarios ao longo dos meses (nas rochas, na televisión, nas urnas) non resisten comparación: é a trampa sentimental do tempo recobrado, a falsa magdalena do chapapote. No Prestige había elementos secundarios que convertían o drama nunha comedia graxenta: a gomina, claro. Agora non se detecta un interese desmedido do bipartito pola caza en momentos de crise. Pero un entende as comparacións. O vicepresidente do PPdeG, por exemplo, falou de “descoordinación”. Custa calar
No hay comentarios:
Publicar un comentario