Me he trasladado! Redireccionando...

Deberías ser trasladado en unos segundos. De no ser así, visita http://www.manueljabois.com y actualiza tus enlaces, gracias.

jueves, febrero 8

Monstruosidades

A fin de semana paseina na Coruña. Sempre que estou alá lémbrome daquela histórica frase de Quintana no seu blog da última campaña: “Hoxe fomos lonxe, até A Coruña”, que era a súa particular maneira de dicir “ancha es Castilla”. Volvín en autobús a Pontevedra: por suposto, quedei durmido e aparecín en Vigo. Hai un sexto sentido que envexo moito nos condutores dos autobuses. Cando o que queres é aforrar diñeiro e colarte ata outra parada, espértante sen consideracións morais de ningún tipo. Cando non lle convén, déixante durmir como un anxiño. O caso é que volvín de Vigo á capital, desfacendo o feito, e deume por pensar nos anos pasados nas estradas facendo auto-stop (tipo Kerouac, pero entre Sanxenxo e Pontevedra). Fixen naquel tempo unha boa colleita de suxeitos estraños e case sempre solitarios. Un deles foi un vello moi amable que non facía máis que darme palmadiñas na perna ata deixala apoiada alí, imaxino que por pereza. Era un sábado pola tarde, ía cara a Sanxenxo e tiña unha idea diferente daquel home para pasalo ben. Á altura de Combarro, preguntoume: “¿Impórtache que me toque?”. Neguei coa cabeza e apoiei a mirada na costa azul da paraxe das Rías Baixas. “Ben, é o seu coche, e pode cambiar de marchas onde queira”, pensei. O caso é que ao final a experiencia resultou interesante. Fronte a min, a inmensidade do salvaxismo urbanístico, as grúas e o formigón, a estética dunha costa devorada por si mesma, ía cobrando unha sorte de coherencia cos afogados suspiros do meu veciño, e o aire obsceno do interior do coche tiña correspondencia directa coa paisaxe. Era un círculo que se pechaba, e todo cobraba un sentido degradante e espléndido. Ao chegar a Sanxenxo as vistas confirmaban o presaxio do futuro. Anos despois todo colleu a forma prometida: aplastamento por decreto. Hai pouco dicía o arquitecto César Portela que cando pasaba pola estrada de Sanxenxo pechaba os ollos. É outra maneira, máis elegante, de admirar as monstruosidades.

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Creo que as monstruosidades non hai que admiralas senon acabar con elas, para que as persoas que as sofren deixen de sufrir. ¿Non denunciaches por acoso o teu veciño? Estou abraiado...

Portorosa dijo...

Alucinante. La mezcla de sexo cutre y urbanismo más que cutre me ha dejado impresionado.

Un saludo.

M. dijo...

¡Portorosa!, me había dejado usted inquieto después del Ay que le provocó el artículo de De Juana. La verdad, me tiene intrigado la interjección. Un saludo.

Portorosa dijo...

Perdón, Manuel, no era mi intención resultar críptico.
El ay era de dolor, de pena, de cansancio, de asco y de desmoralización; que es lo que me produce ese individuo, y en general todo su mundo.

Un abrazo. Estoy disfrutando mucho con tus posts.