Me he trasladado! Redireccionando...

Deberías ser trasladado en unos segundos. De no ser así, visita http://www.manueljabois.com y actualiza tus enlaces, gracias.

domingo, febrero 11

Nunca nada me tocou na puta vida

Tal e como profetizou Warhol, ese señor tan grimoso, tamén eu tiven os meus quince minutos de fama. Como todo cristo en Galicia, a min deumos Piñeiro. Foi nun Supermartes de hai xa sete anos e eu acompañaba entre o público a un amigo que ao final levou un reloxo que vendeu á súa nai: boa colleita. Achegouse a min Piñeiro cun micrófono e un teléfono, e traspaseille a fama gustosamente á miña avoa. “¿É o teu neto?”, preguntoulle Piñeiro. “¡Estouno vendo!”, dixo. “¡É periodista!”, e quedou máis chea que se eu fose ministro. Gastei os meus quince minutos de fama sorrindo como un parvo mentras a miña ávoa gañaba un teléfono móbil. Non é difícil olvidalo (todavía o usa), pero este venres volvín a el cando Gayoso, en Luar, trouxo ao plató a Carmen, unha señora de Cerdeda que resultou ser un prodixio. Chamouna ao azar a casa Gayoso a semana pasada para participar nun concurso. “¿Está conmigo, señora?”, dixo o presentador. “¡Que vou a estar contijo, Gayoso! Son as onse da noite e estou frejando os cacharros. Teño sesenta e seis anos e traballín toda a miña vida como unha desjrasiada”. Cando Gayoso comentoulle a historia do concurso a muller gritou unha frase espléndida: “Nunca nada me tocou na puta vida”. Dinlle voltas a esa frase cunha emoción descoñecida: era cultura. Hai anos preguntáronlle a Marsé qué era cultura e el dixo: “Cultura es estar sentado en una terraza bebiendo una cerveza en paz contigo mismo y con los demás”. Iso, ou a espera mitolóxica galega metida nun segundo en directo da TVG: ter sesenta e seis anos, fregar os cacharros un venres ás once da noite e contestarlle a un presentador de televisión “Nunca nada me tocou na puta vida”.

3 comentarios:

carracuca dijo...

grande... resume moita filosofía de vida sen escribir ensaio nin *%$#!

encantada de volver ler o teu blogue, que o tiña abandoado... aínda que ti non me coñezas! :)

Anónimo dijo...

a semana pasada, vendo un programa destes do canal 7 de zaping, apareceu a mesma chamada de Galloso a un número o azar, e a contestación do telefono foi mais ou menos.

"Mira Galloso, vaite tomar polo cu, ti é a telegaita dos huevos, retirate dun carallo dunha vez, que estou ata os collons de ti"

Segurámente si me poño a buscar por internet sobre o tema saldrá en mais dunha paxina.

Eu que habia xa tempo que non miraba o Galloso... enchime a rir que non podia estar no sofa...

un abrazo.

O madrileño.

Anónimo dijo...

No se como hay gente que se empeña en ensalzar a las pèrsonas grotescas y monstruosas yno dedicanuna sola línea a aquellos que día a día dedican su vida a mejorar las cosas y a tratar de ayudar a los demás. No vende ¿no?
No se cuelgue usted medallas por admirarse ante losmonstruo. En este caso, como en casi todo lo que escribe, lo que hace es apuntarse a lo que vende y llama la atención. Efectivamente, es usted un escritor fácil.