Me he trasladado! Redireccionando...

Deberías ser trasladado en unos segundos. De no ser así, visita http://www.manueljabois.com y actualiza tus enlaces, gracias.

sábado, diciembre 22

Spice

Aínda non repostos da última profecía de Al Gore (non sobreviviremos, dixo: nin sequera Gloria Gaynor), chega Victoria Beckham a poñernos en onda: o seu marido David ten o cacharro como “o tubo dun camión”. Seica a moza non levou ben os comentarios sobre o esaxerado paquete que suxería o futbolista nunhas fotografías: ¿photoshopizou Beckham a tranca?, preguntáronse os medios. Nin moito menos: “Tena moi grande. Tena como o tubo de escape dun camión”. Depende do camión, habería que dicirlle: hainos de xoguete. Pero non debe de ser o caso: David Beckham é un deses seres que nacen cada cincocentos anos. E o mellor foi que casou cunha muller das que nacen, aproximadamente, unha cada milenio, e con sorte. Así as cousas non é estraño que nada poida con eles: están feitos doutro material, como ben anunciou a doce posh spice ao chegar a Madrid cunha desas citas célebres que botan abaixo séculos de pretendida grandeza: “Cheira a allo”. Se vostedes lembran ben, no seu momento estendeuse parece ser que con certa base que o bicho (embravecido) de Nacho Vidal non collía nun vaso de tubo. A min sempre me pareceu que o contido natural dun vaso de tubo era un vodka con martini, axitado, non revolto, e non un cacho de carne que ten fins moito máis esixentes, ás veces incluso relixiosos. Por iso penso que pobre do tubo que teña que medirse ás proporcións galácticas do aparello inglés. E pobre Beckham cando baixe o condutor da cabina a ver por que carallo non lle arranca o camión.

5 comentarios:

J. A. Montano dijo...

Pues con lo delgadísima que está la tal Vicky, deberían ser filmados sus polvos con David: seguro que se notaría en la piel cómo sube vientre arriba... igualito a como cuando una boa se traga una cabra.

iris dijo...

Hai moitisimo tempo que sigo este blog e moitisimas veces consegues sorprenderme con algún dos teus artigos por inesperados, por ironicos, por saber como quitarlle a puntilla, por facernos ver doutro xeito, ..... por todo iso e por moito máis pasao ben nestas datas e segue abraiandonos e asi poder comentar as túas columnas dos diarios na hora do cafe.
Saudiños dende Sanxenxo.

M. dijo...

Los filma, los filma. Vamos, pero fijo. ¡Con lo que se gustan, joder!

Grazas Iris. Felices festas tamén. Segue dándolle corda á túa posada, que seguiremos nós pasando por aí a ver qué se está a mover no pobo.

busto.agolada dijo...

Gustoume o estilo e a forma con que tratas o tema. A última frase é un colofón cheo do humorismo necesario para enfocar este asunto.
Felices festas.

M. dijo...

Grazas Manuel. Felices festas e bo ano a ti tamén. Apertas