Me he trasladado! Redireccionando...

Deberías ser trasladado en unos segundos. De no ser así, visita http://www.manueljabois.com y actualiza tus enlaces, gracias.

miércoles, febrero 20

Alzheimer

Hai pouco, preguntada sobre un libro de xuventude, Blanca Andreu respostou que non o escribira ela. Falou así: “As células cambian cada doce anos, así que eu era outra”. Teño o costume, cada certo tempo, de perder (romper / afogar) o móbil coa axenda e as mensaxes doutro tempo, sen posibilidade de redención. Rexenérome á miña maneira: aproveitando o empurrón da resaca pecho o correo, préndolle lume e paso as mans pola cinza de vellos amigos, direccións que nunca volverei ter e todo o que aí queda, incluido un feixe de felicitacións insólitas e un feixe maior, polo meu rango de capitán, de insultos anónimos. Clausuro, á miña maneira, a vida, aínda que nela haxa cartos. Logo dos días chega a pena, mais unha pena liberadora. Miro de esguello o diario de Césare na rede e atópome co seu penoso alzheimer: o seu ordenador dixo basta cos correos, as películas, as fotos e arquivos do seu traballo dos últimos anos e dos vindeiros meses. “Nunca un segundo da miña vida supuxo unha perda tan grande de tempo, traballo e memoria”, di. A súa reacción é exemplarizante: “Como dicía o vello, eu, agora, con trintaepico de anos e a saúde perfecta, comezo”. Alédome de que sexa máis un acto de optimismo, seica unha xuvenil declaración de forza, que de envellecida furia eu diría que nihilista coa que un perde ou fai perder o seu pasado botando man da españolísima, queridísima “a mamarla”.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

hahahahahah
:)

M. dijo...

:)