Me he trasladado! Redireccionando...

Deberías ser trasladado en unos segundos. De no ser así, visita http://www.manueljabois.com y actualiza tus enlaces, gracias.

jueves, febrero 14

En Cuba

Cervantes preparou o domingo unha cita desas destinadas a facer época: ¡xeracións enteiras! Un autobús con 50 solteiras ía ao encontro de mozos sen compromiso. Entendendo o amor como servizo público, un espazo da TVG impulsou a iniciativa. E a unha política do BNG non lle pareceu ben: ¡a muller como gando, dixo, destinada a repoboar o rural! Non era iso, pero a cousa marchou ao carallo. Xa se sabe que o peor do feminismo son as feministas. Ao final quedou a estampa dunha aldea bonitiña, uns pinchos esperando na mesa e un feixe de veciños comendo neles: sos, vestidos de domingo, na compaña dunha muller casada. Días antes no balcón do Concello tivera lugar o esperado anuncio: “Como alcalde vuestro que soy”. E púxose en marcha a maquinaria pesada do amor cos xornalistas de testemuñas. Reportaxes, entrevistas e ilusións que foron facendo de Cervantes a versión bravú de Villar del Río, aquel lugar de Berlanga. “Se podo quédome cunha. Dáme igual como sexa, con tal de que sexa boa. Vou ir ben limpo e cun xersei bon, pero non de traxe”, dixo un. Ía ir de celestina un Jesús Puente pasado de voltas: Superpiñeiro na hora cero. Correu un ruxe-ruxe: o bus viña cheo de cubanas. “Eu prefiro unha fea de aquí”, avisou outro. Que marabilla: ¡onde estaban os nosos documentalistas, hostias! Pois en Cuba, home, todos en Cuba: coas solteiras de Cervantes.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

E logo Manuel, ti estás dacordo con esas caravanas?

Na columna non me queda claro.

M. dijo...

Sen a utilización da forza, eu estou a favor de todo tipo de tretas que teñan como obxectivo a repoboación dun país e satisfacer os intereses reproductivos, ou non, das persoas. Mesmo se é unha caravana de mulleres, de homes ou de cabuxos. ¿Que é unha iniciativa un tanto lamentable? Parécemo. Pero eu vivo en núcleos nos que hai diversidade sexual, e tamén onde elexir. Habería que verme nunha aldea de setenta persoas, sen mulleres, e xa canso de darlle a pirola.

:)

iris dijo...

Non me pareceme moi lóxico todo o que se armou por unha simple festa para coñecer xente, en definitiva é simplemente eso: unha festa. Porque entón tamen hai que criticar que nas discotecas as mulleres teñan a entrada gratuita e os homes non pois usan a muller como reclamo comercial porque saben que onde van elas ala iran un fato de homes salidos a ver que pillan so que a diferenza é que a discoteca van elas polo seus medios e a Cervantes ian en autobús e si, a veces a peor defensa do femenismo faina unha feminista.