A negativa do BNG a condenar o Holocausto (!) se non se inclúe no documento a repulsa da ocupación militar de Palestina é un movemento fabuloso que corre en dúas direccións: a electoral, porque en España nada lle dá máis votos ás esquerdas nacionalistas que os insultos da dereita episcopal; e a inmoral, porque a postura deste portavoz Aymerich consegue bater records de inmundicia nun país xa afeito a tales cousas. “É por iso que", di o BNG despois de recoñecer o malo que foi o Holocausto para mandarlle un recado ao Estado de Israel. “Pero xa estaban planeando a ocupación de Palestina no gueto de Varsovia?”, pregunta un comentarista de Vieiros. O texto que quería propoñer o BNG, ademáis de parvo, é dun racismo xa non impropio dunha democracia, senón da especie humana: mataron millóns de xudeus, mais os xudeus están a matar agora. Sangue da mesma sangue. “É por iso que…”, di axitando o dedo o portavoz nacionalista, nun exercicio de incultura que, ben visto, ten máis de sectarismo que de racismo. A simpleza argumental, no entanto, anima tamén aos militantes de base (de moita base: básicos) que apoian a postura nacionalista cunha coartada intelectual de altura: “Fica clara a cousa: PP-Ultradireita mediática-AGAI por unha banda e o BNG pola outra”, di outro comentarista en Vieiros. E por aí anda a pregunta tan perigosa sobrevoando o debate: ¿cal é o límite de mortos que necesita o Bloque Nacionalista Galego para non condicionar o rexeitamento dun exterminio?
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
7 comentarios:
A min pareceme certo o que dis, agora o que me fastidia e que os de agai, pp e compañia se alporicen, firmarian eles un manifesto condenando a masacre de Yenin?
Saudos
Eminen
Deberían, dende logo. E se non o fan, caña. Como caña se lle da, e moita e moi merecida, ao PP por non condenar o franquismo (e incluso eloxialo: mira a ardente nostalxia de Mayor Oreja, que tan plácidamente vivía con el)
Creo que o BNG meteu a pata. Pasei estes días por foros (Brétemas, Uvas na solaina, Vieiros e outros) e o que hai é moita xente do BNG cabreada. Cabreada xa non só polo xesto, incomprensíbel, senón pola carnaza que se lle da a moitos medios nacionais, tan necesitados de comparar nacionalismo con nacionalsocialismo (xa viches a Losantos en El Mundo: "Los naziños"), e ao mesmo PP, para axitar ao seu electorado.
A imaxe, tamén a nivel internacional, queda moi tocada. O impacto é: "Un partido político négase a condenar o Holocausto". É unha mensaxe tremenda, e terá os matices que teña, pero iso é o que queda no titular, tan necesitado de economía verbal.
Apertas, querido.
Mirade este enlace sobre o tema do artigo.
http://galiciaconfidencial.com/?p=2164#more-2164
saúdos,
Carallo Manuel, o que dis no comentario é bastante máis suave que o que dis na columna.
Non, non... Eu, no comentario, tamén condeno ao PP. E iso parece que suaviza o miña postura sobre o xesto do BNG.
Ben mirado, o que eu fixen no comentario é o que quería facer o BNG no Parlamento. Condenamos a uns, e de paso aos outros, ben para que non me confundan ou ben para gañar a aplausada. E así todo queda mellor.
Na columna fun máis honrado. Certo é que o comentario, todo hai que dicilo, viña a conto: é unha resposta á pregunta de Eminem.
Grazas polo enlace.
Saúdos.
E certo, a min tamen me cabrea e tes toda a razon!!, grazas polo comentario que se que foi suave pola amizade que nos une!!
E unha vergoña e punto! hai que condear sempre a violencia dos estados, sobre todo a de Kolima,Vorkuta, Auschwitz, Treblinka, etc.
O BNG, ten unha compoñente sectaria que non entende que como como dicia Kapuscinsky "Si entre las muchas verdades eliges una sola y la persigues ciegamente, ella se convertirá en falsedad y tú en un fanático", pero como ti moi ben dis hai moita xente afin que non concorda con ese tipo de manifestacións, que non elixe unha unica verdade por tanto.
Agora ben, hai unha parte do BNG que non condean o xenocidido (moi mal) e merecen toda a critica, pero eu non os compararia con xente deste pais (e prefiro non mentalos) que o levou a practica (aqui tamen houbo fosas comuns)..., por tanto non sei que ten que decir Jimenez Losantos.
Saudos e Grazas de novo
Eminem
Paso de "falar en galego". ¿Por qué sigue habiendo gente que usa un mal para justificar otro? Coincido con las opiniones de Jabois, me parecen acertadas. Tanto "parvo" por el mundo me agota, no sabe hasta que punto. ¿Por qué a la gente le cuesta tanto condenar a su equipo de fútbol, hasta cuando le parten las piernas al jugador del equipo contrario?
Ni patria,ni tierra, ni bandera. Todos venimos del mono.
Por cierto, felicidades por el blog, no lo cónocía. O, como dicen otros, en hora buena por el programa.
Publicar un comentario