Me he trasladado! Redireccionando...

Deberías ser trasladado en unos segundos. De no ser así, visita http://www.manueljabois.com y actualiza tus enlaces, gracias.

sábado, abril 14

O tempo

Unha análise aseada debería pensar no papel que o periodismo desenvolve cando non hai noticias. Por exemplo, na Semana Santa. Queda medio telediario baleiro, na procura da última enquisa sobre a nosa capacidade sexual ou os hábitos alimentarios (na mesa, non na cama). No periodismo local temos aí un corpo de vantaxe: asístennos as festas gastronómicas, os enxeños veciñais. Pero é tempo de vacacións en Madrid, así que volvémonos cara ás isóbaras, ao comodín do periodismo de anticiclóns. Nos mediodías de Antena 3 abriron as noticias co tempo: ¡co tempo do día! Quere dicirse que vostede chega da rúa e o periodismo lle está a dicir o tempo que está facendo. Se fose un periodismo máis sagaz, diríalle tamén que acaba de saudar a veciña do terceiro e no ascensor falou de política cun xubilado. Despois da constatación (se é verdade que o que non sae na televisión non existe, é unha boa noticia que se nos anuncie sol aínda que veñamos da praia) vén o xogo de adiviñar o futuro, ou entrevelo. A ciencia dá moitas pistas sobre o tempo a curto prazo. O que pasa é que todos os telediarios teñen ao final unha sección dedicada en exclusiva: en vacacións iso non debe de chegar. E logo hai erros: Galicia é un país historicamente maltratado nos mapas. Desde Minerva Piquero ata Mario Picazo, inimigos todos. Non hai que confundir tradición e realidade. E a chuvia é unha tradición fermosa, como o sepulcro do Apóstolo, pero non é real. Ou polo menos real de todo.

4 comentarios:

conde-duque dijo...

Pues a mí no me importaba que Minerva Piquero tapase los mapas con su maravilloso cuerpo...
Por cierto, que me estoy leyendo el libro que recomendaste el otro día: Historias del Savoy. Está genial y me lo estoy pasando bomba, pero me he llevado una pequeña desilusión porque pensaba que se refería al difunto bar Savoy de la Herrería. Era un sitio mítico...
Un abrazo.
PD a doña Donna: me voy a poner celoso, pues lee usted más a Manuel que a mí, y eso no puede ser... :) (¿Se pone así? Nunca me he molestado en saber cómo se utilizan los simbolitos estos ): (: ";-* Nada, no sirvo.

Portarosa dijo...

E, ademais, o sur case sempre vese perxudicado nos mapas da península, que poñen a nube do norte ocupando toda Galicia, ¿non?

Anónimo dijo...

A min o que me parece a hostia é que os telediarios abran día tras día tras día ou coa última parvada de Otegui ou coa gran mentira dos accidentes de tráfico ou co tempo (se chove, porque chove; se non chove, porque non chove; se neva, porque está nevando; e a última e máis xenial de todas as aperturas informativas: ésa que dá conta de que os homes do tempo se equivocan! Qué escándalo)

conde-duque dijo...

Joe, nos ha pillado, doña Donna. Somos uno e indivisible. Y usted es nuestro alter ego femenino.
A mí también me gustaría saber escribir en gallego, pero por ahora sólo sé leerlo. Prefiero no arriesgarme que seguro que destrozaría una lengua tan bonita... Don Porto suena muy bien en galego, incluso más señorial si cabe.