Me he trasladado! Redireccionando...

Deberías ser trasladado en unos segundos. De no ser así, visita http://www.manueljabois.com y actualiza tus enlaces, gracias.

miércoles, noviembre 7

Prestige

Pasaron xa cinco anos e parece un século. Daquela, Galicia foi un exemplo cidadán que enfeitizou Europa. Houbo quen recolleu capachos de chapapote e houbo quen encheu os capachos de gomina. O Prestige foi a tomba da hipocresía e saíu un grito fermoso, como todo o que é fermoso antes de caer na vulgaridade comercial: Nunca Máis. Como xa pasaron cinco anos daquelo é hora para moitos de reinterpretar a Historia. Cada vez hai máis impaciencia para estas cousas, quizáis porque iso está ao alcance de calqueira. Tamén Mayor Oreja elude condenar o franquismo porque houbo xente que vivía cómodamente nel: suponse que dirá o mesmo cando no País Vasco cúmpranse trinta anos de paz. En maior o menor medida a Historia é un prato moi apetecido por todos porque a memoria é a memoria de cada un, e hai quen prefire lembrar por outros. Non é raro, salvando as queridas distancias, que agora Anxo Quintana veña a dicir que na crise do Prestige tódolos galegos “significáronse políticamente”, pois “autodetermináronse”. Se deixara pasar medio século aínda habería alguén que tería a frase en certa consideración. Pero cinco anos, por moito que pareza un século, son cinco anos: o resto é literatura. Non é que a verdade esté nos xornais: é nin lle deu tempo a chegar alí. Na crise do Prestige viñeron miles de voluntarios do resto de España e moitos centos de toda Europa para pasar o Nadal fóra das súas casas. Se estaban significándose políticamente en prol da autodeterminación de Galicia, disimuláronno moi ben.

7 comentarios:

Portorosa dijo...

Quintana chega a cotas de patetismo abraiante.
Como cando dixo que os bailes de maiores eran algo moi galego, unha tradición moi do país.

M. dijo...

Non, se a mín o dos bailes de maiores paréceme ben que o diga. O que pasa é que tiña que dicilo tamén cando lles daba a empanada Fraga. Agora é algo moi galego: antes era caciquismo casposo.

Grazas, Portorosa, polos teus comentarios.

Miranda dijo...

Desde esa fecha no he vuelto a Galicia.
Juré no volver, salvo para trabajar y sacar dinero.

Ver toda esa gente limpiando y los parroquianos triscados de la risa en el bar...y las subvenciones y los votos.

Aún me puede la ira.
Besos.
M.

Lulú dijo...

"Los parroquianos triscados de la risa en el bar". Qué inxusto, Miranda.


Uf, pensei que non me atrevería a deixarme caer por aquí despois de telo feito Atleta. Atleta Sexual nada menos. Parabéns polas súas amables palabras, Manuel. Parabéns tamén pola cita que colgou no seu blog Arcadi Espada. Despois de ter explorado por aquí e por alí volvo aos 'apuntes en sucio', con Mabalot, Erasmo e toda a panda, cal filla pródiga, se me aceptas. Xa se sabe, nunca como na casa.

Portorosa dijo...

Non é toda a verdade, Lulú, o de Miranda, pero é verdade. E iso xa é bastante cabreante, ¿non che parece?

Saúdos.

Anónimo dijo...

Eu creo que que mellor explica esa contradición é Manuel RiVas no Pais de hoxe "O que foi Nunca Máis non se pode apreixar en termos estrictamente políticos, nunha perspectiva simplemente opositora. É unha explicación parcial, na que algúns teiman, e que non leva a ningures. O estoupido da ecoloxía da liberdade atinxiu á política inmediata, influíu decisivamente na caída dun poder con fasquía de Antigo Réxime, mais foi un movemento cultural no sentido máis profundo. O Nunca Máis significou o aparecer, a visibilidade, da sociedade desaparecida. A diferenza doutros golpes, doutras pestes, en vez de desaparecer a sociedade, xermolou unha sociedade da imaxinación"

Que quintana se equivoque (exaserando)non me fai olvidar que no inicio de "nunca mais" hai que agradecer moito a certos colectivos sociais (entre eles o que dirixe o señor quintana).

Saudos

Eminem

Apertas

M. dijo...

"O Nunca Máis significou o aparecer, a visibilidade, da sociedade desaparecida. A diferenza doutros golpes, doutras pestes, en vez de desaparecer a sociedade, xermolou unha sociedade da imaxinación".

Grazas pola aportación. Teño o xornal aquí conmigo e aínda no lle botei unha ollada. E non podo estar máis dacordo, meu amigo Eminem. Escribín de feito entón, empurrado por ese espírito, unhas crónicas daquelo salvaxemente subxectivas que hoxe teñen que ser a vergoña de calquera periodista (houbo un reportaxe moi digno que si se salvou, ollo).

Falas da influencia de Quintana: certo. Máis a súa condición de político é unha condición sospeitosa: nós non gañabamos votos con aquel movemento, e el aspiraba a gañalos. Non se privou, de feito, de sacar a caña a ver qué caia. Xa digo que é lexítimo, porque non vai ser el máis tonto que os demáis, pero non altruista.

Nunca Máis foi, certo, froito de colectivos aos que se foron unindo espontáneamente xente ata entón desapegada da acción social e miles de voluntarios galegos e de toda España. En Roma lembro ter visto con pasmo un coche de matrícula italiana e o famoso lema asomando nos cristais. No vello coche de E. aínda está. E moita xente como Miranda si que voltou, encantada pola acollida, para disfrutar das praias que eles mesmos limparon con orgullo.

Se no momento de crearse Nunca Máis se lle di a xente que se está a fundar un movemento social de significaciòn polìtica para servir a uns determinados obxectivos, tan lexítimos como outros, non sei se a resposta ía ser igual. Teño para mìn que non. Porque nese momento o que importaba era loitar contra a marea negra que ateigaba a costa e, despois, denunciar os erros, as mentiras e a manipulación escandalosa (prohibido falar de "marea negra" nos medios: orde fulminante) dun partido político que parecía estar ensaiando o circo hipócrita que montaría un ano despois a conta do 11-M.

Apertas, meus queridos.