Descoñezo se a cadea de televisión Antena 3 cumpriu a súa amenaza e efectivamente emitiu Cambio Radical despois da semifinal da Champions. Eu botei de menos que, tras tanto anuncialo nos primeiros noventa minutos, pasasen olimpicamente da prórroga e aproveitasen o caudal de audiencia para poñernos nos fociños unha operación de aumento de mamas en primeiro plano, co doctor debuxando esos circuliños tan graciosos arredor dos pezóns. Non houbo tal, e o partido chegou aos penaltis. Pero a ocasión serviu polo menos para desenvolver o inxenio. Por exemplo, esta proposta que fago á TVG: Quero ser un croio. Ao programa poderían ir mozos e mozas de corpos perfectos e rostros suxerentes de pasado metrosexual. A estampa, se un a imaxina ben, é marabillosa. Eles declarando, entre choros, a súa tortura: sempre quixeron ser un croio. “É a miña ilusión e unha gran oportunidade”. Como naquela chuvia de estrelas, achéganse á porta os guapísimos e despídense da audiencia co sorriso perfecto de Troy McClure. “¿E a ti que che gustaría ter, Anxo?”. “As pernas curtas e os piños uns por riba dos outros”, di o rapaz. Na espera pola cirurxía (un nariz máis longo e o cu caído, poño por caso) os pais relatan no plató o inferno: “A beleza é horrible, devastadora”. Días despois saen os heroes, emocionados, convertidos en croios. E vemos por fin esa rapaza satisfeita, facendo realidade o seu gran soño: “Agora por fin me quererá todo o mundo pola miña beleza interior”.
domingo, mayo 6
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentario:
Insensato!!!
Cómo te atreves a dar ideas de nuevos formatos? No ves que, sabiendo como son estos de A Galega (nova imaxe) te la copiarían rapidísimamente? jeje. En televisión se hace de todo. Esperemos que la tvg no pase por el aro de los realities, aunque hay tx que a veces lo parecen.
Buscaban unha nova imaxe. Xa a teñen. Con outras cores políticas, pero a mesma merda de sempre.
Eu tamén quero ser un croio... (aínda que xa o son..jajaj)
Unha aperta,
Fin
Publicar un comentario