Me he trasladado! Redireccionando...

Deberías ser trasladado en unos segundos. De no ser así, visita http://www.manueljabois.com y actualiza tus enlaces, gracias.

jueves, septiembre 6

Afíliate

Despois de tantos anos de PP, estes tempos vexo, entre a preguiza e o desconcerto, os vicios dun nacionalismo que algúns, poñéndome a man no lombo, me din que “é noso”. Eu nunca tiven ‘espíritu nacional’. Nin ese solemne plural maiestático que me empuxa directo a unha misión divina. “Gañamos”, escribíronme nas eleccións. Pero non gañara: eu non gañei nunca. A miña opción era sacar de aí a dereita: non vela paseando a súa faciana polos vilas recollendo os lambetóns dos seus caciques. O peor foi escoitar (¡e entender!) as reaccións. E sacarse a etiqueta para saír de novo a intemperie. Hai xente que pensa que un se retrata cando escribe, pero nin iso. Hai que restarlle trascendencia: ás veces un escribe por non poñerse directamente a calcetar. Unha prosa feitiña, claro: hai que traballala. Pero logo está a Brunete, que non descansa. Só hai algo peor que os nacionalismos periféricos: o nacionalismo central e o seu exército marcial encomendado a Deus, nin máis nin menos. A mín xa me dá un pouco de pudor meterme co BNG por se acaso ao día seguinte a Cope vai e coincide comigo. Non vou deixar de facelo, se hai razóns e ganas, pero esta xente mete moito medo. O outro día cheguei aquí e citábase a un tipo que fala do adestramento ideolóxico dos nenos galegos feito a través... do ¡Xabarín! Os argumentos non teñen prezo, pero a conclusión é grandiosa: chámase directamente á revolución. O condenado porco.

3 comentarios:

Mabalot dijo...

Mañán o iluminado ese dirá o contrario, que shin chan é un producto do imperialismo nipón para acabar coa lareira e o toxo. É que estes tipos son intercambiables, e reversíbeis, como algunhas cazadoras.

Unha cousa non quita a outra. Que exista a cope non quere dicir que todos teñamos que cantar os rumorosos coa man no peito.

Frase do día; "Hai xente que pensa que un se retrata cando escribe, pero nin iso. Hai que restarlle trascendencia: ás veces un escribe por non poñerse directamente a calcetar."

migramundo dijo...

Coincido plenamente coa túa frase que destaca mabalot, por iso penso que as cuestións políticas hai que relativizalas máis ca ningunha outra. Entre outros motivos porque distraen bastante do que verdadeiramente importa: no día a día, según cada quen, o día das elecións, en votar. Saúdos.

Portorosa dijo...

É case imposible non ser etiquetado, en canto un opina. Pero hai que opinar, hai que falar claro (se é que algo se ten claro), contra quen sexa, se hai razóns. E ao día seguinte, outra vez, contra quen sexa, se hai razóns.

En tódolos conflictos hai bipolaridade, que diría Galtung, e así non hai quen razoe. E aquí a política vívese como un conflicto.

Unha aperta.