Me he trasladado! Redireccionando...

Deberías ser trasladado en unos segundos. De no ser así, visita http://www.manueljabois.com y actualiza tus enlaces, gracias.

jueves, noviembre 29

O pesimismo histórico (versión Licor Café)

De Pere Navarro sempre lembro que el non conduce: para que, se é director xeral de Tráfico. O seu goberno das estradas tradúcese no carné por puntos e unha sensibilidade moi atenta na publicidade. A Navarro puxéronlle hai meses un micrófono diante, e o seu estupor debeu de ser o mesmo que se lle puxeran un volante. Pero xa postos, arremangouse e achegouse ao touro con destreza palpando a cegas unha fibra sensible. O carácter do galego: teoría e praxe. Descoñeciamos a formación psicolóxica de Navarro e as súas veleidades antropolóxicas, aínda que si o seu gusto polos charcos, así que non sorprendeu que dixese que os galegos están instalados no “pesimismo histórico” para xustificar os accidentes. O carácter do galego é un dos asuntos máis aburridos aos que nos enfrentamos nas sobremesas. O elegante agora é evitalo e falar de sexo, preferiblemente duro. Pero como ás veces na mesa aparece algún turista, ou algún retornado, sae aquilo de “es que los gallegos”. Onte Bartolomé Vargas, que é fiscal coordinador da Seguridade Vial en Pesimislandia, desautorizou a Navarro: o noso carácter non ten a culpa de nada e tampouco somos kamikazes, aínda que recoñece que en cada comunidade hai peculiaridades. No caso de Galicia, comentou, “hai unha problemática singular que nada ten que ver con ese carácter tan grato dos galegos”. Cousiñas, xa se sabe: conducir mamado conduce todo Deus, pero mamado de licor café xa é algo máis noso. ¡Amigo!

1 comentario:

conde-duque dijo...

Pesimismo histórico: por eso en Portonovo al licor café lo llaman chapapote.
-Manolo, ponnos unos chupitos de chapapote!!!!
(Es verídico)