Me he trasladado! Redireccionando...

Deberías ser trasladado en unos segundos. De no ser así, visita http://www.manueljabois.com y actualiza tus enlaces, gracias.

jueves, noviembre 1

Xoguetes

Houbo algo estupendo despois do pico de audiencia do xuíz Gómez-Bermúdez nas televisións dando conta dos acusados do 11-M. Cando acabou de recitar ese felis “debemos condenar y condenamos”, a publicidade cuspíu de repente unha morea de xoguetes. Foi tan rápido que por un momento pensei que Gómez-Bermúdez finalizara o resumo da sentencia cun elocuente “bi-bi-bizak”. Saín automáticamente á porta e Pontevedra seguía a locer un sol espléndido, pero a publicidade xa dictara a súa particular sentencia: comezou o Nadal. Con todo, eu non podía prescindir da casualidade. Había algunha oscura relación entre o xuízo (o seu efecto final) e os xoguetes. Non tardei en sabelo despois de ir, da man dos acontecementos, aos foros paranoicos da nosa máis querida extrema dereita (“he leído en algún sitio que la esposa del juez Bermúdez contará en un libro lo que no diga su marido en la sentencia, ¿me estoy volviendo loco?”, pregunta un). Pasou que o xuíz acababa de cargarse un xoguete político, e a moitos tocáballes recoller os cascos vacíos da Fanta para liscar dese cumpreanos infame. Do 11-M queda xa, amais do silencio dos mortos, algunha condena fantástica. A Zougam caéronlle 40.000 anos. Isto é, tería estado en prisión antes da derradeira glaciacion (e aínda seguiría dentro) e, no entanto, só se lle fai cumprir 40 e con sorte. Países máis serios, mediciña mediante, faríalles cumprir a sentencia íntegra: 400 séculos, e ollo que non lla amplíen.

2 comentarios:

Mabalot dijo...

JJJJJJaaaaaa...

"bi-bi-bizak". Lo veo, lo veo...

conde-duque dijo...

Qué bueno, Manuel... Bi-bi-bizak.
Sí, últimamente estás que te sales.