Me he trasladado! Redireccionando...

Deberías ser trasladado en unos segundos. De no ser así, visita http://www.manueljabois.com y actualiza tus enlaces, gracias.

sábado, enero 19

Testemuñas

A noticia rexistra con eficacia os (supostos) feitos: un rapaz de Pontevedra chega borracho a casa, insulta e ameaza á súa noiva, pégalle, róuballe as chaves e o teléfono (¡o teléfono!) e cóllea do pixama ata arrastrala á rúa, onde a ameaza de morte. Aquí a crónica chega ao punto álxido, porque a crueldade do home parece non ter fin: a escena tivo lugar diante da nai e do irmán da víctima. Nas películas (ou na vida real que imita ás películas) aparece un pai humillado por un superior… diante do seu fillo. Todos pensamos: “Que non lle faga isto diante del”. As testemuñas sempre foron utilizadas para darlle máis categoría ao delito: “Bérrame se queres, pero non diante da miña familia, dos meus amigos, do meu can”. É unha cuestión que ten que ver cun equivocado concepto de amor propio: impórtame a miña imaxe cara aos demáis, por iso as traxedias, aínda que traxedias, teñen que ser privadas. Non se discute: o curioso é evitar as traxedias, e asumilas como veñen. Nunca souben por que a humillación, diante de terceiros, ten que ser maior: non hai mellor oportunidade de ter certa grandeza cun público entregado, e amosar aí toda a dignidade que cabe nun home (e cando digo home, tamén digo muller). O martes Rajoy negoulle a Gallardón a entrada nas listas do Congreso. Subraiando o drama, houbo medios que levaron ás mans á cabeza: “Fíxoo diante da súa rival, Esperanza Aguirre”. Quizais en térmos de competencia política sexa unha humillación, pero en térmos humanos máis humillado queda quen asiste, en directo, á decapitación do inimigo.

No hay comentarios: