Me he trasladado! Redireccionando...

Deberías ser trasladado en unos segundos. De no ser así, visita http://www.manueljabois.com y actualiza tus enlaces, gracias.

jueves, enero 31

Santa Rita

Un Franco de xoguete devolveu ao pobo o Pazo de Meirás, delicioso obxecto de litixio. Foi unha cerimonia que ata contou cuns bérberes cantando aquilo de Santa Rita, Rita, Rita. Precisamente baixo a protección de Rita viven hoxe os Franco en riqueza de espírito: lixeiros de pasado mais non de equipaxe. E aspiran a facelo (porque coa aspiración levantou o pai a fortuna) as fillas de Laureano Oubiña, que esixen Pazo Baión. Hai unha estupenda coincidencia temporal. Meirás e Baión representan a farsa. Con Baión actuou xa a Xustiza, desviándoo da cocaína ao cava: un camiño curto, pero axustado á lei. Hoxe as rapazas de Oubiña axitan o seu dereito de herdanza. Non se entende que non pidan tamén as planeadoras: igual é unha cuestión de imaxe. Pazo Baión rebosa glamour, máis agora que pode ser de Freixenet: antes detrás dunha porta estaba un colombiano e agora pode aparecer Scorsese. Os Franco non son os Oubiña: teñen o respecto das grandes dinastías e carecen do fabuloso impulso cateto dos novos ricos. Por alí segue arrastrando as cadeas do pasado Carmencita e o que lle queda de prole. Nada é o mesmo sen o Caudillo, pero moito menos sen o marqués de Villaverde. Se Baión cae en mans de Freixenet, o futuro de Meirás é Lladró.

2 comentarios:

J. A. Montano dijo...

Amigo M.: he mencionado tu artículo sobre Pla en mi blog:
http://joseantoniomontano.blogspot.com/2008/01/la-curacin-por-pla.html

Es francamente bueno! (Y nunca mejor dicho aquí lo de "francamente"!). Saludos!

M. dijo...

Gracias AS!

Lo había visto.