Me he trasladado! Redireccionando...

Deberías ser trasladado en unos segundos. De no ser así, visita http://www.manueljabois.com y actualiza tus enlaces, gracias.

jueves, enero 24

Retranca


O meu avó pedía sempre unhas poucas ostras no porto de Sanxenxo, e cando lle traían a factura dirixíase a min sen mirar ao camareiro: "Lévame ao médico que debín tragar as perlas". No bar da Terraza, unha parella collía o xornal e dicía ao chegar ás esquelas: "Hostias, mira cantos marcharon onte de vacacións". E Julio Camba definíase cunha frase: "No me tome usted demasiado en serio ni demasiado en broma". A retranca é unha paisaxe. No blog de Uzuzuz atopo a anécdota que relata Manuel Rivas de Einstein e o seu chofer galego que o leva a unha conferencia. Acordan polo camiño cambiar os papeis, e ao acabar de ler un científico faille unha pregunta ao galego, que non muda a cara: "Mire, esa dúbida que vostede ten é tan parva que lla vai responder o meu chofer". Esa paisaxe, esa sintaxe do humor tan propio ten desde hai tres meses unha casa de acollida: a revista Retranca, que dirixe o pontevedrés Kiko da Silva. O proxecto é unha heroicidade: non se aceptan subvencións e a publicación ten que facerse oír nos quioscos no barullo editorial, entre rechamantes mulleres e demais apostas dos grandes grupos. Pero paga a pena: para os que a fan e para os que a mercan. Retranca, chea de tantos nomes propios como talento, é hoxe a herdeira dunha forma de ver a vida que ten tanto de humor como de filosofía.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Interesante iniciativa e interesante su director. Me parece genial el montaje que ha creado para descubrir al loricida que mató a Ravachol. Déle muchos ánimos de mi parte, por favor, para que esta aventura triunfe.

Respecto a la anécdoda de Eisntein, es muy conocida y está explicada en muchas versiones a cada cual más divertida, pero no tiene visos de verosimilitud aunque merecería ser verdad. Lo que me llama la atención es que Manuel Rivas diga que el chófer era gallego, porque eso si que suena a chiste.

Saludos, E.

M. dijo...

Cuando se deje ver por Galicia hágase con un ejemplar, Erasmo, ya verá como es buenísima: hay unos dibujantes de la hostia. Sobre la anécdota, imagino que sería un chiste de Rivas, sobre todo si la anécdota es tan conocida.

(Creo que dejé por ahí un par de comentarios sin respuesta. Había alguna cosa muy interesante en lo que dijo sobre el aborto, pero llevo unos días sin pensar. Consejo médico, no se crea. Durante unos días al mes dejo la cabeza en blanco. Es mi particular 'regla'. De hecho, voy a procurar que en casa coincidan todas las reglas, ya verá qué divertido: cobro entrada).

Saludos.