Me he trasladado! Redireccionando...

Deberías ser trasladado en unos segundos. De no ser así, visita http://www.manueljabois.com y actualiza tus enlaces, gracias.

miércoles, enero 9

Aquí se xoga

Hai un algo de inxenuidade no papel que está a exercer estes días a prensa nacional, preferentemente a prensa á que chaman socialdemócrata, a conta deses terroristas apaleados. Lémbrame ao capitán Renault gritando alporizado polas mesas do Rick´s Bar: “Que escándalo, que escándalo! Acabamos de descubrir que aquí se xoga”. O silencio sobre a tortura ten un fondo aínda máis complexo do que se lle presta á monarquía: ten que selo, porque os líos de falda da coroa non comprometen a seguridade de ninguén. Eu sempre sorría cando eses hixiénicos rexistros horas despois dun arresto ou a aparición de zulos imposibles na coqueta vastedade dos montes abertzales: a información sempre é para quen a traballa. Claro que a democracia o é por algo. E tamén sei que escribilo dende casa é unha cousa e escribilo dende Intxaurrondo é outra: a democracia elástica. E despois de todo, queda ás veces a tenrura. Eses manifestantes, por exemplo, denunciando o crime do Estado, a tortura e as ameazas, que unha cousa é pegarlle un tiro na caluga a un home e outra ben diferente mallar nun detido. E por suposto Bono, a nosa fina estrela de rock. Foi o primeiro ministro de Defensa do mundo que dixo a micrófono aberto, imparable, que el prefería que o matasen a matar el, facendo público un desexo que vai contra o máis elemental pilar da Natureza, humana ou non: a loita pola vida. Pero onte pareceu dubidar: “Si hay bajas, que non sean de los nuestros”, dixo. Faltoulle romper a camisa: “Y si lo que hay es vicio, que apunten aquí”.

4 comentarios:

Mabalot dijo...

Feliz ano!!!!!

M. dijo...

¿Feliz? Aínda non o sei: saín hoxe de casa por primeira vez. De momento, felicísima gripe.

A ver se en 2008 vémonos a miúdo, que parece mentira que sexamos veciños. Que tenemos que hablar de muchas cosas, compañero del alma, compañero.

Apertas.

Anónimo dijo...

no me lo creo... mejor dicho... prefiero no creerme lo que has escrito

Anónimo dijo...

Qué preciosidad de lengua.
Bicos.