Me he trasladado! Redireccionando...

Deberías ser trasladado en unos segundos. De no ser así, visita http://www.manueljabois.com y actualiza tus enlaces, gracias.

viernes, febrero 13

Barack Quintana

Barack Quintana, titula sen exceso A Nosa Terra. Houbo non hai moito un Barack Guardiola e cen mil Baracks máis. E moito antes, case na prehistoria, un Barack Obama. Os políticos, coma os futbolistas, nacen en comparanza. A prensa non busca o novo Maradona senón o novo Messi. E repasa os candidatos ao seguinte Barack cando non leva un mes no cargo. Todo é moi vello. Se o de Quintana sorprende é polos termos cos que o levan da man á White House: “Pode un enfermeiro, ex alcalde dunha vila de seis mil habitantes, que fala galego habitualmente, chegar a ser presidente de Galiza?”. O vicio é tanto que se lle perde o punto á realidade. A pregunta tería sido outra: “Pode un ex ministro de Franco, colaborador activo dunha ditadura militar, que perseguiu o galego habitualmente, chegar a ser presidente de Galiza?”. Yes, we can e dezaseis anos. Que chegase Fraga podería ser intrepretado como se Obama gaña unhas eleccións no estado de Alabama no século XIX, mais nunca foi nada extraordinario e deuse por lóxico. Este país está afeito a escándalos. Se Quintana gaña en Galicia non será superando esa barreira histórica tan singular de que fale galego habitualmente ou veña de ser alcalde de nada. Peor o tería se fose negro, non teñan medo.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

¿Estamos a falar do mesmo que segun TODOS os medios de comunicacion sacou unha chea de Plazas de funcionario de por vida, pra os seus correlixionarios que traballan nas suas escolas?.
Home como ben dis ti todo e posible, pero non comparable .Notase que as referencias que pos non veñen por vivir unha epoca se non por asumir "carteis" de propaganda moi vella e caducada dos que ladran mentra outros traballan .Por certo, a querencia dos da verdade unica por se meter en organismos de Turismo da moito que pensar ¿non sí? .
SEito

Anónimo dijo...

Lo que me pregunto es: ¿Cuando dejarán los políticos de tomarnos por subnormales?