Wallace H. Hartley, Roger Bricoux, Fred Clarke, P.C. Taylor, G. Krins, Theodore Brailey, Jock Hume e J.W. Woodward formaron a orquestra do Titanic. Na noite do 14 de abril de 1912, co barco indo cara a morte, puxéronse no salón da primeira clase para que os pasaxeiros non perdesen a calma. Cando a traxedia xa non tiña volta atrás, entre as carreiras duns e doutros, cos botes cheos de xente na procura da resurrección, os músicos puxéronse na popa e seguiron interpretando as súas pezas no medio daquel baile de terror. Tocaron ata morrer: ninguén deles sobreviviu. Testemuñas dixeron que a última peza foi unha traducida como Máis preto, Deus, de ti. Hoxe en día fálase de actuar como a orquestra o Titanic a quen mira a outro lado ou segue a súa vida como se nada pasase cando algo de ti se derruba. Pero o Titanic non tiña salvación e a música da súa orquestra representaba o último deber feito e unha certa diabólica expresión de beleza, como pecharlle os ollos a un morto. Chega un momento do naufraxio no que o home debe asumir con dignidade o seu destino e marchar coa grandeza das insólitas ocasións. Como aquel de Absalón, Absalón!: "Vai ser quizais que nos mataron; pero aínda non acabaron connosco, va que non?".
lunes, febrero 23
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
4 comentarios:
disque cando se deu a noticia de que o barco afundía, as señoras ateigaron os toucadores para arranxar a pintura dos labios.
Aantes muertas que sensillas!
enigmatico mensaje
Hoxe,cos moitos dos artistas formando cordón sanitario pra favorecer o Poder e mais a eles mesmos, terían posto un DVD como moito e imaxe en Holograma, con contador pra Sgae ¡non fora o diaño ¡ .
SEito.
Publicar un comentario