Hai uns anos Dolce & Gabanna fixera un anuncio que provocou unha tremenda polémica nas morais máis sensibles. Nel víase unha fermosa muller sometida por varios homes aceitosos e musculados de prometedora sexualidade, nun dos cales moita xente me recoñecera pola rúa. Naquela imaxe había dominación e eu entón escribira un festexado artigo onde metía aquel parágrafo logo tan citado nas facultades: “A publicidade tende a recoller o pulso da vida baixo o ollo clínico da provocación e dun moi inspirado reflexo social” (dito coa cara de Woody Allen en Soños dun sedutor cando mira a namorada e di: “A choiva arrastra os recordos polas beirarrúas da vida”). O meu punto de vista nestes tempos sempre foi o de Benetton, Dolce & Gabanna e todas esas marcas para ricos que entenden as campañas de publicidade como a mara salvatrucha os pans: como hostias. Que se fale aínda que ben, dixo Wilde nun momento de debilidade. Eu defendo a posición da Igrexa católica, marca de luxo, que vén de encher portadas bebendo da fonte (¡milagre!) de Oliverio Toscani. Botan en cara os curas que as leis protexan máis o lince que os homes, sexan os homes o que sexan: e canto máis os coñezo, máis quero o meu lince.
viernes, marzo 20
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentario:
E unha boa campaña, porque o que di e certo pero dio dun xeito que non provoca feridas .E colle co paso cambiado as fontes do NoDo actual_AiDo&Co_.
SEito
Publicar un comentario